Nunha pequena parroquia, hoxe de certa sona por ser o lugar de orixe do poeta Díaz Castro, son moitas as historias merecedoras de ser

resaltadas, e unha delas é a do músico Pepe de Cristos, da Reboira.
Pepe de Cristos foi, é, un músico vocacional, dos que en tempos nos que non existían escolás e moito menos conservatorios, en tempos nos que había que traballar duramente no campo, ser músico antoxabase difícil e mesmo de xente algo tola para os veciños.
Pepe aprendeu música desprazandose á Costa do Sal, en Coirós, desde Os Vilares e ensaiando o aprendido e estudando cando quedaba algo de tempo mentras ía cavar ao monte ou traballaba na casa.
Tocou o saxo e o clarinete en orquestras da época da posguerra, entre elas a Armonía ou a Chedeiro coas que tocaron en salas de baile, romerías e festas parroquiais entre a Terra Chá e As Mariñas da Coruña.
Recentemente, Pastora Veres, dentro do proxecto Os Vilares, lareira de soños xuntou a Pepe de Cristos con outros dous músicos daqueles tempos que non se vían desde facía anos e alí saíron a relucir lembranzas e historias que sairán na publicación próximamente.
Contos de corredoiras, insteumentos carretados en carros de vacas, acordeóns ao lombo en bicicletas, illamentos por nevadas aloxamento en palleiras, etc...
Transmisores de alegría en tempos duros, mesmo de dificultades e escaseza do básico, Pepe e os seus compañeiros representan esa raza de músicos que conteibuiron á esperanza, ao ánimo, á xuntanza colectiva non escasos momentos nos que os noso avós podían disfrutar un pouco da vida que lles tocou.
Pepe, que coa elegancia que aínda atesoura, con ese bigote co que él mesmo di con sorna ter nascido e conserva, é unha persoa entrañable, un sabio que oculta moito máis do que conta e que merece tódolos recoñecementos.
Hoxe, nos Vilares, seguimos moi presentes na música de festas e verbenas e estupendamente representados por Arantxa Alvarez, a cantante dos Satélites, natural da parroquia e recentemente premiados como a mellor orquestra de Galiza.