Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Don Jorgito e os localismos

lunes, 09 de marzo de 2015
George Borrow, “Don Jorgito, el inglés”: escritor, políglota, traductor, que vendía biblias protestantes polos camiños do mundo, foi un personaxe peculiar. Autor de “A Biblia en España” acadou un grande éxito e relatou as experiencias viaxeiras pola España de 1837.

Borrow entrou ese verán en Galicia, atravesando o Bierzo. Cruzado O Cebreiro, percorreo o norte galego que abandonou por Ribadeo, cara a Asturias coñeceu os camiños dunha Galicia atrasada e incomunicada, de millón e medio de habitantes, na que teimou en levar a Biblia ata os fins da terra.

Don Jorgito atopou a Lugo pequeno, cuns seis mil habitantes. A estadía durou unha semana e colleu rumbo á Coruña; foi a Betanzos, Compostela, Pontevedra, Ferrol…Viveiro, Foz, onde pernoctou, e Ribadeo…

Don Jorgito descrebe as costumes, temperamento, a cultura, política e relixión das xentes e os moitos prexuizos que tiñan. Gabou a paisaxe e dixo que, sendo moita a miseria, non era culpa da terra, senon dos homes. A familia focega que o hospedou falaba o castelán pois, según lle dixeron, “non se falaba moito o galego por aquelas partes”.

Conta nun artigo Victoria Fdez.Armesto que daquéla un tal señor García, notario en Pontevedra, estaba convencido de que ésta era a mellor cidade de España. Borrow coñecíao e foi ao seu despacho a venderlle unha Biblia. O notario díxolle: “eses tipos de Vigo andan dicindo que a súa cidade é mellor que a nosa e que Vigo debería ser a capital da provincia. ¿Pasaríalle polo maxín a vostede comparar Vigo con Pontevedra?”. – “Eu non lle poido contestar porque nunca estiven en Vigo, pero oín dicir ca súa bahía era a mellor do mundo”, respostou don Jorgito .-- “De acordo, meu señor- asentíu enfadado o Sr. García- pero, ¿quere decirme para qué se necesita unha bahía?”.

Comentou don Jorgito que non coñecera país de tan feros localismos. Se o inglés levantara a cabeza, comprobaría que, tras preto de 200 anos da súa 1ª visita, seguimos anclados no fero localismo alimentado, sobre todo, polas mentes preclaras dos políticos”progresistas”, moitas delas en estado fósil, por inanición…

(Xesús Fernández é Cronista Oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES