Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ordes que se lanzan ás cegas

lunes, 09 de marzo de 2015
Hai decisións, leis, normas, ordes que se lanzan ás toas, ás cegas e que incluso, ás veces, os que as lanzan nin as entenden. Son decisións que se toman en despachos por persoas que non saben realmente de que vai o asunto. Como o de que un paisano teña que perder unha mañá porque ten que pedir unha autorización para cortar dous ou tres carballos. Entendo que esa norma, lei ou orde saíu á palestra por medo a que a nosa terra se converta nun novo Brasil por aquilo da tala descontrolada de árbores. Pensan que o paisano chega á súa poula, ó seu souto e, ale, imos deixala como a patena... e para o ano que vén, para quentarnos, cortamos toxos.

Non saben que non hai mellor barómetro para unha poula que o propio paisano. Non saben que o paisano mira, remira, limpa, procura, coida e incluso rega ás veces aquela arboriña que, nun futuro, lle pode dar abrigo e leña e trabes e pontóns e eixes dos carros. Non saben que o paisano é o mellor gardián, o mellor vixilante da súa propiedade. Pois non, a alguén se lle ocorreu que como os gandeiros e agricultores, de un tempo para acá, non ten gran cousa que facer, pois que mellor que facer turismo a unha oficina da Xunta para solicitar a corta de dous ou tres carballos. E como na nosa terra os que traballan nas leiras son xente nova, pois non teñen ningún problema para o seu desprazamento ás oficinas dos distritos forestais.

Non sería máis sinxelo que esas solicitudes fosen tan só para as empresas madeireiras, que son as que realmente cortan a dar e tomar? Como se lles ocorre facerlle perder unha mañá ó pobre paisano por un ou dos tractores de leña!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES