Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Queimar bandeiras

lunes, 03 de abril de 2006
A política precisa de cando en cando que alguén se salla de tono para animar o panorama.

A política en Galicia, lograda a unión de intereses entre o PsdeG e o Bng, vive pendiente da capacidade de relación pacífica entrambalasdúas forzas políticas.

Desde o punto de vista do goberno, procurando que os “reaxustes” ou disonancias non trasluzan ó exterior. Desde a oposición, frotándose as mans a cada ocasión que rechinan as cadernas da nave.

Neste momento, no PP, teñen que estar como unhas pascuas despois de escoitar que Paco Rodríguez, deputado do Bng no Congreso, lle pide a Touriño que exerza de Pesidente diante do goberno central, e ó que o Presidente Touriño resposta que o PsdeG non precisou no pasado queimar bandeiras nin agora envolverse coa de Galicia.

¡Que nivel de diálogo!, e cantas gaitas hai que templar neste país para poder gobernar. Máis difícil gobernarse que gobernar.

Touriño estima que o voceiro do Bng no Congreso está nervioso e anceia ocupar espacio mediático.

Despois de que Quintana lle quitara ferro a este enfrontamento dialéctico, a saber o que lle toca dicir a Paco Rodriguez se segue esta escalada entre “amigos”.

Que hai cariños que matan, está no refraneiro. Neste caso, nin é cariño o que respira esta relación, nin o sangue vai chegar ó río.

Todo se arreglará. Pero se ás primeiras de cambio, coas primeiras palabras fóra de tono, se produce tan alto nivel de conflicto, cousas veremos que faran falar ás pedras.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania