Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Clientes voando

miércoles, 04 de marzo de 2015
Agora que as mimosas amarelean e a primavera agarda brotes verdes nas próximas semanas, pola zona do goberno avístanse mellorías económicas, e polo tanto sociais, e parece que as cifras macroeconómicas acreditan que esto está empezando a mellorar. O abaratamento dos combustibles din que anima a circulación por estrada, o turismo rexistra felices perspectivas. Pero o transporte aéreo non levanta cabeza, e os tres aeroportos galegos non dan conseguido atopar a fórmula para despegar en canto a cifras de usuarios.

O que mellor resultado rexistra é o de Alvedro cun aumento no último ano dun 17%, mentras o de Peinador aumenta un 0,2%, e o de primeira división, o de Labacolla, só aumenta un 0,5%.

En tanto, o de Oporto ofrece unhas cifras impresionantes, con case sete millóns de viaxeiros ao ano, conseguindo duplicar en viaxeiros á suma dos tres aeroportos galegos.

Para as viaxes por avión, xa sexa desde A Coruña, Santiago, e xa non digamos Vigo, aos lucenses parécenos que temos os aeroportos demasiado lonxe, sendo costoso en investimento –e sobre todo en tempo- calquera viaxe, polo desplazamento, espera, a propia viaxe, e a chegada desde o aeroporto ao destino. Para unha viaxe a Madrid, é discutible a presunta ventaxa.

Algún “encanto” especial ten que ter o aeroporto Sa Carneiro de Oporto, que os nosos non teñen, e nin siquiera pretenden coñecer. Porque para desplazarse desde calquera punto de Galicia a Oporto para un desplazamento en avión, sexa o destino cal fose, ten que ter algún incentivo descoñecido e atractivo para paliar todos os inconvintes.

Nesta información sobre o crecemento dos pasaxeiros nos aerroportos galegos e no de Oporto non incluían o dato de cantos galegos o utilizan. Pero esto ven de vello, e o aeroporto portugués leva moito tempo captando clientes galegos, que prefiren aquel aeroporto aos que teñen aquí, ao lado da casa.

Quizais Labacolla se conforme con aumentar o 0,5% a cifra dos pasaxeiros ao ano, agora que as cousas parecen mellorar. Pero algo falla nun aeroporto cunhas instalacións magníficas, ao final do Camiño de Santiago, para non ser o motor turístico que todos agardamos e deixar que os clientes se marchen a Portugal.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES