Ver para crer
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 05 de marzo de 2015
Calquera persoa pode comprobar como cambian as circunstancias nos últimos tempos.
Moitas das persoas que agora pasamos dos sesenta, podemos lembrar como era a vida no medio rural galego na nosa infancia:
-Cociñábase na lereira con leña e unhas trébades enriba.
-Aprendemos a ler á luz do candil.
-Vimos chegar a luz eléctrica.
-Non había auga nas casas. Había que ir á fonte, pero algúns
afortunados xa tiñan pozo ó pé da casa
-Non se coñecía o butano nin o propano, por suposto. Nin soñalo.
-Dormíamos en xergóns de folla de millo ou de virutilla e algunhas veces en colchóns de la de ovella. Pero esto xa era pouco menos que un luxo.
Coñecín algún caso que durmía na palla.
-Poucas persoas continuaban estudios, etc, etc. A maioría faltaba moito á escola porque tiña que axudar nos labores agrícolas.
Explicarlle esto ós nenos de agora seguramente resultará difícil e seguramente pensaran que nos tocou nacer na prehistoria.
O caso é que con tan poucos medios, algúns dos que apredemos a ler á luz do candil, conseguimos facer estudios uiversitarios e ocupar postos de responsabilidade na sociedade que nos tocou vivir.
¿Como fixemos?
Pois a fórmujla é ben sencilla: empregando moito tempo en aprender de memoria absolutamente todo: desde o que era un porto de mar ó que era un porto de montaña, os nomes dos montes, dos ríos, das batallas, dos conceptos matemáticos, dos químicos e así sucesivamente.
Para min que me tocou nacer cerca do mar- foi toda unha novidade comprobar por experiencia propia o que era un porto de montaña.
O primeiro porto de montaña co que me atopei foi o de Pedrafita do Cebeiro cando empecei a saír do niño.
O primeiro barranco foi o de Pancorbo e o segundo o de Despeñaperros.
Cando cheguei a ver e pasar por estes lugares comprendín perfectamente o que tempos antes estudiara sencillamente utilizando ese recurso tan valioso que temos no cerebro humano: a memoria.
Nunha ocasión ía viaxando una noite de verán cun calor asfixiante pola Meseta e pasei ó pé dun río.
Tiña moita sede e non se me ocurriu outra cousa que pararme a beber e
¡sorpresa!
Aquela auga estaba contaminada e bo caro me costou descontaminarme.
Por que me pasou eso?
Porque en Galicia a auga dos ríos e regatos valía para beber. De pequena escoitra que: auga corrente non mata a xente
Seguramente que o tema da contaminación aínda non mo explicara ninguén.
Tamén sei de varios casos que lles deron destino en Andalucía e ó chegar a Despeñaperros deron volta porque os seus ollos non daban creto ó que vían e non se imaxinaban o que había ó outro lado.
¿Por qué fago todas estas confesións?
Porque naqueles tempos aprendíamos sen ver. Captábamos as explicacións do profesorado como Deus nos daba a entender porque daquela non tiñamos diapositivas, nin vídeos nin farrapos de gaita.
Por non ter non tiñamos nada, pero eramos moi ricos porque tiñamos capacidade de esforzo e sacrificio e -por saír adiante- eramos capaces de esforzarmonos ata o límite.
Aquelas persoas que a día de hoxe estamos xubiladas e xubilosas, fomos as que lle demos o maior dos pulos á industria e ós adiantos dos que todos gozamos na actualidade.
Hoxe en día os nosos nenos non teñen máis que premer a un botón e xa ven como é Despeñaperros ou Pedrafita ou calquera outro punto do mundo mundial.
Hoxe en día os nosos nenos dispoñen de moitos medios. Eso é debido ó que deixamos loitado as xeracións anteriores.
¿Por qué tendo de todo hoxe en día aínda hai moitos nenos que non o aproveitan?
¿Será porque lles falla a lei do esforzo?
¿Parámonos a explicarles que según nós fomos capaces de esforzarnos, eles tamén o son?
¿Será porque lles falta fe neles mesmos e fe no futuro e tamén nese Ser Superior que os cristiáns chamamos Deus?
¿Cantas veces non dixemos nós aquelo de:
- NON HAI BEN QUE POR MAL NON VEÑA
- A DEUS ROGANDO E CO MAZO DANDO
¿Será porque lles falta unha boa dose de humildade?
¿Saben os nosos nenos de quen son fillos, netos e bisnetos?
¿Será porque os educamos cos pés no aire?
(¡Que eles non teñan que pasar tantas como pasamos nos!)
(Que non se traumaticen
)
¿Estaremos construíndo castelos no aire?
¿Ou sería mellor poñer os pés na terra e seguir construíndo o mundo que nos deixaron os nosos devanceiros?
¿Onde quedan os esforzos dos nosos antepasados?
Cando eu era nena para explicarnos a fe en sentido relixioso dicíannos que fe é crer o que non vemos e
¡que curioso!
Nós conservámo-la fe sen ver.
Hoxe ven e non cren.
Certamente que é moito mellor ver para crer, pero
¿Pode verse todo?
¿Pode tocarse todo?
¿Pode verse o aire que respiramos?
¿Ou son os seus efectos os que podemos comprobar?
¿Pode verse o amor que nos temos?
¿Ou son as manifestacións do mesmo as que sentimos?
¿Pode verse o sufrimento?
Ou son os seus efectos na cara de quen sofre?
A min paréceme que hai que deixar un ESPAZO PARA O MISTERIO porque a capacidade do ser humano séntese incompleta sen ese espazo.
ESPAZO PARA O MISTERIO
Sobre eso, escribirei algo no seguinte artigo.
Graciñas.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora