Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quo vadis Hispania

jueves, 05 de marzo de 2015
Desde o Preguntoiro: Quo vadis Hispania


Este é un país gobernado por elementos que da a sensación que lles gusta o óxido nitroso (provoca alucinacións e moita euforia). Porén, a realidade é moi triste e de mágoa. Xamais estes señores con patente de corso foron demócratas, agora xa se quitaron a careta, estiveron case 40 anos de entroido e 40 de franquismo. Logo atópaste a eses lamecus e voces dos seus amos, falando nas tertulias das caixas parvas dicindo con toda a cara: España é un bo exemplo de boa xestión. Estes xornalistas tiñan que ser apartados desa digna profesión de por vida.

Quo vadis Hispania, gobernada por xente “patriota” (de postal) que aínda non condenou o franquismo e vai dando leccións de democracia. Un país cuestionado estes días pola ONU na Comisión de Dereitos Humanos ante a lei mordaza; lei que impide a protesta democrática dos cidadáns. Desafiuzamentos miserentos ordenados polos bancos que foron rescatados con diñeiro do pobo e en contra das instrucións europeas. Código penal regresivo. Taxas xudiciais que impiden a tutela xudicial efectiva. Ley da memoria que a pasan polos sancomiños. Control do poder xudicial e cargarse a xuíces que fan o seu traballo, Barra libre aos grandes empresarios contra os dereitos dos traballadores. Logo a carga que teñen de corrupción e moreas de imputados onde nun país minimamente democrático tiñan que dimitir.

Porén, o que máis revólveseme o estómago ata vomitar, foi a nova de onte, onde coméntase que no ano pasado cada hora morreu un dependente sen recibir atención á que tiña dereito. Os milleiros de mortos e están morrendo por non darlles a medicación para a hepatites C. Ou sexa, deixaron morrer a milleiros de persoas, mentres entregan 40 mil millóns de euros a fondo perdido á banca, mil cincocentos millóns a Florentino Pérez, perdoa tres mil millóns ás eléctricas e salva as autoestradas con dous mil cincocentos, facendo todas as falcatruadas que calquera pódese imaxinar.

Non van poder quitarnos os nosos soños, ilusións e a dignidade, valores da que carecen estes desalmados.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES