Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

La Quinta del Arte

miércoles, 04 de marzo de 2015
O venres pasado inaugurouse na Coruña La Quinta del Arte, que nace coa pretensión de ser unha escola de teatro na que todos teñan a oportunidade de aprender e participar no arte da interpretación. Dende moitos ámbitos estase a ver o teatro como unha ferramenta de desenvolvemento transversal que ten moi positivos nas persoas que interaccionan nesta actividade.

Un destes efectos positivos é a inclusión, o feito de compartir un espazo que nos permite empatizar co compañeiro e moldearnos a súa realidade. Así a actividade teatral convértese nun proceso de empatía no que as persoas descóbrense a si mesmas nun proceso interactivo á procura de sinerxias que buscan o mellor xeito de representación de acordo coas circunstancias físicas e psicolóxicas de cada quen.

Entón, o teatro empeza a ser un xestor de ilímites que labra para cada persoa o seu oco de participación, converténdose nunha auténtica mostra do que pode ser e non é a sociedade. É aquí onde o teatro se volve máxico e fai maxia humana visualizando ilímites e demostrándolle á sociedade como a capacidade de dar o mellor de si mesmo é unha capacidade humana que non se ve correspondida polos prexuízos colectivos. No teatro cada quen ten o seu oco e, nel, a oportunidade de forxar un recoñecemento .

Contei na inauguración que había unha vez dous amigos que ían en carreira de rodas: un levaba unha manual e outro unha de motor. Nos camiños difíciles o que ía na cadeira manual agarrábase forte á cadeira de motor e esta tiraba polos dous, balanceaba o corpo como unha bailarina que se amolda aos espazos vitais. Non había quen os parara e, camiño a camiño, disfrutaban de todo o que lles ofrecía a vida. Un día pillaron unha pedra e o da cadeira manual caeu. Nesa circunstancia o outro amigo non estaba en situación de axudarlle pero, por sorte, pasou un home e axudoulle. Amablemente, déronlle as grazas e aos cinco minutos aquel home viu como as dúas cadeiras se volvían unir para tripar as encostas da vida. Pois así é o teatro inclusivo: unha interdependencia e unha coordinación de ilímites que se nega a chegar senón é en equipo e, tamén, se nega a ser equipo se alguén fica fora querendo ser equipo. O teatro inclusivo é unha verdadeira materialización da teoría dos ilímites , dándolle voz a aquelas verbas que rara vez se escoitan e procurándolles un oco onde a súa autorrealización poida facerse realidade.

Ir a teatro é comprender que a natureza é inclusiva e é a sociedade a que nun exercicio de perversión faise exclusiva pero a mentalidade ética e o respecto agroma incluso no ermo da realidade e forxa ideas novas nas que cada circunstancia ten voz.

O teatro inclusivo da voz a todas as circunstancias e isto é o que se fai en La Quinta del Arte, onde teñen cabida todas as críticas construtivas que se dirixen a forxar un mundo máis xusto á medida do ser humano.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES