Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fuxidos na memoria

viernes, 31 de marzo de 2006
Nos anos cincuenta, en Galicia falábase de “fuxidos”, “escapados”, “maquis”... agora son “guerrilleiros”.

As versións de entón corrían a cargo do bando vencedor, aínda que foran repetidas polas clases modestas, que nunca souberan, nin quixeran, nin puideran elixir outro bando.

As historias que hoxe se contan como heroicidades, antes eran moito máis truculentas, máis prosaicas, máis monetarias, e os que recibían as visitas dos “fuxidos” considerábanse atracados, violentados, agredidos.

Os infiltrados da Garda Civil, as denuncias de particulares e o propio paso do tempo, fixeron desaparecer eses novos bandidos xenerosos que valéndose dun perfecto coñecemento do terreo tiveron firme ó Réxime vencedor durante moitos anos.

A morte do Piloto, case ó final dos anos sesenta, foi unha tremenda sorpresa para moita xente nova que con el soubo que existía unha guerra que non rematara.

Chegou o momento da volta da folla. Aqueles “escapados” son agora “Fuxidos de sona”. Teñen a consideración de “guerrilleiros”, e estímase que a Guerra Civil non rematou no 39. Que se mantivo mentras houbo un fuxido. Aínda máis: Que agora é cando remata definitivamente.

En Monforte veñen de render homenaxe ós guerrilleiros de Chavaga, que morreron nun enfrontamento coa Garda Civil en 1949. E no cemiterio colocouse unha placa que lembrase a súa memoria.

A placa só durou unhas horas.

Pode ter sido obra duns gamberros, pero posiblemente haxa algo máis detrás. Pode querer dicir que a alguén lle molestou esta homenaxe. Alguén que non comprende que setenta anos de silencio foron demasiados para xente que tiña a súa verdade, e moito que dicir.

A Xunta ten declardo este 2006 como o Ano da Memoria. Que non só ten que valer para que non se esqueza o pasado, senón tamén para que de ningunha maneira poidan repetirse feitos que tanto tempo despois aínda non poden xulgarse de xeito desapasionado. E que nunca poderán ser cabalmente xulgados sen ter vivido aquel horror.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES