Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os conflitos de interese e as portas xiratorias na sanidade

lunes, 02 de marzo de 2015
Na sanidade a estratexia de privatizacións contínuas, con recortes orzamentarios no sector público e a entrega de porcións crecentes dos presupostos a mans privadas para o seu lucro persoal, o Partido Popular levaa a cabo, en moitos casos, de maneira solapada. Hai un apoio cómplice entre o poder político e os intereses privados; realizan acordos na sombra, furtando o control destas manobras aos representantes públicos (partidos da oposición, organizacións sindicais e profesionais).

Hai, nestas prácticas, flagrantes conflitos de interese e un uso abusivo e vergonzante das portas xiratorias (1). Algúns personaxes (Lamela, Güemes, Rocío Mosquera, Antonio Burgueño) acadaron notoriedade por practicar con todo descaro o "revolving door". O dano que provocan estas actuacións -á sociedade, ao sistema sanitario e aos seus traballadores, á nosa saúde e aos nosos descendentes-, é inconmensurable. Estas prácticas fraudulentas esquivan o control social e a supervisión dos organismos públicos e da xustiza. Pero convértense en feitos consumados que, nalgúns casos, serán dificilmente reversibles.

Estas relacións promíscuas entre o público e o privado non son exclusivas do mundo sanitario. No sector enerxético (2) as portas xiratorias funcionan con total descaro. As empresas eléctricas, gasistas e petroleiras acollen a moitos expolíticos, actualmente a soldo en consellos do Ibex. Iberdrola, Gas Natural Fenosa, Endesa, REE e Enagás tiñan o ano pasado a once ex altos cargos do PP, cinco do PSOE e un de CiU nos seus consellos de administración. As retribucións destes conselleiros son, nestes tempos de austericidio, totalmente escandalosas. O exministro do PP Ángel Acebes, dobremente imputado (polos casos de Bankia e Bárcenas), case chega aos 300.000 euros anuais como vogal de Iberdrola.

Cada novo día enterámonos pola prensa de numerosos casos de corrupcións e corruptelas que invaden a xeografía española. Nese turbio ambiente, e con esa clase de actores, é onde se está desenvolvendo este desmantelamento programado dos servizos públicos. E con total impunidade, polo momento. Así o dicía Luísa Lores nun artigo, no que denuncia que o goberno de Núñez Feijóo, coa conselleira Mosquera ao fronte, fragmentou, desmantelou, privatizou e endebedou o sistema sanitario público de Galicia “con total descaro e impunidade, para beneficio das empresas privadas vinculadas; nunca lles poderemos perdoar” (3).

Estamos nun momento crave. É necesario deter esta sangría. Eles non van parar, ata desvalixar por completo as arcas públicas. Hai que desaloxalos do poder para que non sigan destruíndo o sector público, actuando como troianos. Porque hai un perigo certo de pasar do monopolio público ao oligopolio privado. Joaquín Estefanía xa o advertiu: privatizaron a banca pública, a enerxía pública e as telecomunicaciones públicas, entre outros sectores estratéxicos: “agora queren facer o mesmo coa sanidade e a educación públicas aínda que o neguen" (4).

Porque, despois de todas as corrupcións, saqueos e aproveitamentos que xa saíron á luz, como dicía Javier Marías, cando por fin saiamos das nosas teimas cotiás e levantemos a cabeza,””atoparémonos cun país desposuído, abatido, co baleiro instalado en todos os terreos” (5).


NOTAS:

1 http://pablovaamonde.blogspot.com.es/2013/01/a-porta-xiratoria.html

2 http://www.eldiario.es/economia/expoliticos-colocados-electricas-repartieron-millones_0_360465003.html

3 http://www.nuevatribuna.es/opinion/luisa-lores/increible-impunidad-presidente-feijoo-y-conselleira-mosquera/20141029101216108663.html

4 http://economia.elpais.com/economia/2013/01/13/actualidad/1358111624_290419.html

5 http://elpais.com/elpais/2014/11/07/eps/1415390422_409725.html
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES