Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoa "non grata"

lunes, 02 de marzo de 2015
As institucións deben ter coidado cando nomean a unha persoa “non grata”, porque a declaración é irreversible, e mesmo porque poden querer nomear non grato ao cargo que esa persoa representa mais ca a persoa en si.

Ocorre cando se nomea a un conselleiro persoa non grata. Parece lóxico que o nomeamento debería ser á Consellería, e así Lugo, a través das súas institucións, pode considerar non grata á Consellería de Sanidade, incluso á Conselleira de Sanidade. Pero non á persoa, que pode ter un cariño especial por Lugo, e Lugo –considerado colectivamente, globalmente, quererlle á persoa pola súa simpatía, aínda que non lle goste en determinado momento o seu comportamento oficial.

Sei que é difícil separar ás veces a persoa do cargo, xa porque a persoa o tome moi a peito e cheguen a confundirse, sexa porque a persoa estea nunha difícil situación defendendo unha postura de partido cando posiblemente lle apetecese botar os pés polo alto e armar unha trifulca.

A Deputación de Lugo declarou persoa non grata á Conselleira de Sanidade, e parece ser que o Concello tamén o está considerando, pola súa falta de compromiso para dotar ao Hula do servizo de Hemodinámica as 24 horas. Por parte da consellería xa son ganas de facerse de rogar, porque non quero creer que o que se quere é amolarnos. Pero non parece o mellor xeito de esixir un servizo –que estimamos indispensable- poñer a caldo á Conselleira cando tantas instancias hai onde poder armala, e ten un xefe natural que é o que decide finalmente.

Un paso máis neste diálogo de xordos teno iniciado Foro Lugo, que pretende que as mesmas institucións declaren persoa non grata a Jaime Castiñeira, voceiro municipal do PP e deputado autonómico, canditado municipal polo PP, proposta que o Alcalde, candidado municipal polo Psoe,
parece ser que prometeu estudar.

Hemodinámica é un problema que a Xunta ten que resolver. A proximidade das eleccións magnifica o problema. Nestes próximos tres meses, imos recorrer un longo vía crucis. Se polo menos sacamos en limpo o de Hemodinámica, iso é o que levaremos adiantado.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES