Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe á muller

lunes, 02 de marzo de 2015
O 8 do actual celébrase o “ Día da Muller Traballadora”, efeméride que pon de relevo o papel désta como axente de riqueza e benestar. Hai quen están en contra da xornada; din que terían que ser tódolos días do ano, e non lles falta razón. Pero aínda que a femia non fose discriminada; que os condicionantes sociais, laborais e de todo orde, foran iguais ós dos conxéneres ; que o respecto e consideración á persoa, ou que a igualdade de oportunidades fosen as mesmas, por enriba de todo ísto, sería merecente do Día.

A muller, a secas, sen adxetivos, porque o seu papel transcende a todo o que pode contificarse. O concepto de traballo mudou cós tempos. Gardamos un exemplar de “Vida Gallega”, de 1918, que na portada amosa unha estampa na que, dende a eira da casa, a familia labrega ouserva cómo ó lonxe pasa pola estrada un home puxando por un carro. O rapaz pregunta: -¿Quén será?’... e o pai resposta :-- ¿E quén ha de ser?. Un lacazán, que por preguiceiro anda polos camiños tirando dun carro, vendendo lenzos, agullas e outras cousas, suando coma un touro,¡todo por non traballar! .

Naquela sociedade, netamente campesiña, todo o que non fose o traballo na terra, non era traballar. ¡Daí que o home, que suaba coma un touro polo esforzo realizado, fora un lampantín folgazán!. A evolución hacia unha sociedade industrializada; a demanda no eido dos servizos sociais e outras consideracións, abriron un abano de infinitos posibles laborais; e aí están as mulleres, gañándose a pulso postos de liderago, que se afianzará, se temos en conta, por exemplo, que no eido académico, as mulleres son mais brillantes, mais responsables, e social e culturalmente, mais activas e emprendedoras.

Nada que ver coas circunstancias que en 1841 fixeran que Concepción Arenal tivera que vestirse de home para asistir á Universidade. Dixo o poeta: “ No sé cuál es tu nombre / ni si eres linda o fea;/ mas deja que tus pies alfombre,/ que para honrarla el hombre,/ bástale a la mujer que mujer sea…”.

Desexamos ás traballadoras; ou sexa, ás mulleres, saúde e felicidade. Parabéns!.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES