Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sostenibilidade

jueves, 30 de marzo de 2006
A palabra “sostenibilidade” enche a boca de políticos e ecoloxistas, técnicos e afeccionados, urbanistas e urbanitas.

Conservar o medio ambiente, reciclar, aproveitar o que a natureza nos proporciona, non danar o contorno... todo é sostenibilidade.

A Xunta ven de anunciar a posta en marcha dun Plan Director de Sostenibilidade da Costa, ó que alguén involucrado chegou a chamar “o Plan Kioto do litoral”.

Fainos moita falla, por ter moito litoral, e aínda moito que conservar.

Hai comunidades no Estado español que teñen perdida a batalla pola zona marítimo-terrestre. Galicia aínda está a tempo de recuperala, ou de non perdela.

Nunca chegaremos – afortundamente – ó nivel de Marbella, que cada noticia que xenera relativa ó urbanismo é parte dun conflicto cada vez máis grave. E nas últimas horas quedou especialmente de manifesto.

A costa norte de Galicia é zona de desembarco de constructoras de zonas desenvolvidas do resto de España, que acoden a Galicia para explotar a franxa costeira, canto máis perto do mar mellor. Se os proxectos se cumpren, todo o norte será unha urbanización sen ocos ostensibles no medio.

A solución é tan sinxela que só fai falla que os concellos apliquen a Lei, e respecten todo o que é propiedade pública por diante da propiedade privada.

O Plan Director de Sostenibilidade da Costa vai contar cun investimento de seis millóns de euros nos próximos dous anos, para recuperación do dominio público agredido ou en perigo. Non é moito, pero é sinal de preocupación dos gobernantes por un tema que moitas veces foi ignorado cando non directamente agredido.

Desde agora, sostenibilidade vai significar protección, vixiancia, atención, control. ¡Que xa é significar!.

No outro extremo, Marbella. Neste, a costa de Galicia, un ben natural que temos que protexer, e que parece imos protexer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania