Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A trangallada do Estado da Nación

lunes, 02 de marzo de 2015
Sempre dixen que cando se fala moito tempo dun acontecemento, este acaba aburríndome, acaba cansándome. A semana pasada celebrouse o debate sobre o estado da nación. Nin caso! Desde o primeiro día. Porque sabía que non se ía falar doutra cousa. Moitos pensarán que tampouco é para zafarse do asunto, e tal como están as preocupacións dos nosos cidadáns. Certo; todo iso non quere dicir que eu me evada dos problemas diarios, dos problemas da xente, do país. Pero chégame con escoitar tan só os titulares que dá a radio ás sete e media da mañá, que é cando inicio o meu camiño ó traballo. A iso das oito menos cuarto hai un apartado, un espazo no que resumen ou nomean os titulares duns cantos xornais. E é aquí onde caes na conta, onde notas que o debate sobre o estado da nación é unha trangallada. Cada xornal fai exactamente o que fan os políticos na tribuna: que cada un arrímase á árbore que mellor abriga. Así de simple. De independencia xornalística, nada de nada.

Que uns tiran para as dereitas e outros para as esquerdas. Que, por exemplo, o paro, uns o ven coma un veleno que apousenta na nosa sociedade e os outros falan do antivirus que o vai combater. Que aumentou o paro neste mes? Que va, home!, se baixou con respecto a tal trimestre do tempo de Adán. Un xornal fala do veleno e o outro do antivirus. Mentres, unha morea de familias non teñen que levar á boca, están a velas vir. Normal, entón, que non perda máis tempo escoitando ou lendo sobre catro papamoscas ós que, a eles, si lles vai vento en popa. E por iso, ó remate, están todos contentos cos pros e contras.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES