Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unidade da Esquerda

jueves, 26 de febrero de 2015
Desde o Preguntoiro: Unidade da Esquerda

Cada vez que achégase as eleccións a esquerda vaise afastando da posibilidade de chegar a candidaturas de unidade. Ante este panorama dunha dereita deste país a máis papista que o Papa en Europa; calquera persoa con sentido común ante o momento histórico que estamos vivindo, o lóxico sería aproveitar estas circunstancias e tratar de achegar candidaturas unitarias de progreso.

Temos moitos exemplos na historia que ensínanos que hai que facer esforzos de intelixencia e xenerosidade en facer esa unidade. Coa que está caendo desde moitos frontes desta dereita neoliberal e cobizosa: reforma laboral, desvalorización dos salarios, desmantelamento do estado de benestar con recortes e privatizacións e tratan de instaurar un estado policial alleo á democracia, e a esquerda segue tratando de atopar o sexo dos anxos. Porén, hai de todo como en botica: xente que rompe para fundar un partido en nome da unidade; arribistas que oponse a unidade porque eles son a unidade, os que se etiquetan de esquerdas cando están achegándose as eleccións, logo arrancan esa etiqueta o día despois; xente que fuxe do compromiso ideolóxico e de programa para non ser mal visto de esquerdas.

Senón aproveitamos este momento histórico, onde os neoliberais (franquistas) van perdendo nas urnas ante tanta desfeita que están a facer cos cidadáns, aínda que queren recuperar o perdido intentado facer o que só saben facer: a razón da forza usando as armas do medo e de falsa bandeira, a través dos medios concentrados, manipulando e terxiversando para mercar vontades.

O máis triste e ver unha nova dereita cun novo traxe; Ciudadanos, que están batendo as mans e as orellas como tolos, vendo como a esquerda anda a procura do Santo Grial.

Os únicos futuros culpables de que sigamos co desmantelamento social deste podre país, serán eses que non chegaron a unha unidade da esquerda nun sentido amplo: ás “capillitas”, vellos rencores, arribistas, sectarios e os que queren ser sempre os protagonistas. Despois de tantos anos, chíanme os oídos coa mesma sinfonía.
!Xa está ben carallo¡
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES