Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confrarías relixiosas nas feligresías de Illán e Gaibor (I)

miércoles, 29 de marzo de 2006
AS CONFRARÍAS RELIXIOSAS NAS FELIGRESIAS DE ILLAN E GAIBOR (DIÓCESE DE MONDOÑEDO), NOS SÉCULOS XIX E XX

PUBLICACIÓN: ESTUDIOS MINDONIENSES, nº 11, 1995, páxs. 217-277

As confrarías son agrupacións voluntarias formadas por laicos que teñen como finalidade fomentar o culto de determinadas imaxes. Reciben o seu nome dos misterios da relixión cristiá, das festas do Señor, da Virxe, dos santos...". Las cofradías con asociaciones voluntarias de carácter laico, cuyos fines están relacionados formalmente con el culto a determinadas imágenes o advocaciones" (1).
"La cofradía es la mediación fundamental para la animación y cristalización de las grandes devociones populares" (2).
Teñen un obxectivo relixioso-católico e dependen da autoridade eclesiástica. "...son asociaciones cuyos fines son formalmente religiosos, estando sujetos, por ello, a la jurisdicción eclesiástica y a la autoridad de la jerarquía católica" (3). Na confraría lévanse a cabo relacións de convivencia, sociabilidade, intercambio e reciprocidade.
"La cofradía es el núcleo focalizador de toda una vida y un dinamismo comunitario" (4).
A confraría pode chegar a representar o nivel de identificación e integración de toda a comunidade. Nese caso a festa principal simbolizará o conxunto da comunidade mesma fronte ó mundo exterior. " Cada fiesta es la expresión de identidad de la comunidad y también de su unidad" (5).
As confrarías en Galicia xa tiñan vixencia nos séculos XII e XIII. Así o código dado por D. Alfonso X a terra de Santiago no ano 1252, dice entre outras cuestións o seguinte: "Otrossi mando que non fagan confrarías, nin iures males, nin ningures malos ayuntamientos, que sean a danno de la terra e a mengua do mio sennorio, sino para dar a comer a pobres, o para luminaria, o para soterrar muertos" (6).
Deste xeito as confrarías tiñan inicialmente como fins básicos: adicarse ós necesitados, enterrar ós mortos e iluminar o recinto eclesial cando haxa cultos levados a cabo pola confraría. pertencentes a distintas capas sociais En Galicia as confrarías son abertas e verticais; son abertas xa que a persoa que o desexe pode pertencer a elas sempre que execute os estatutos da asociación; son verticais xa que en cada unha dela intégranse persoas (7).
Normalmente unha persoa pertence a unha confraría ben pola tradición familiar, pola amistade con algún membro delas, pola residencia etc. Isto motiva que calquera persoa poda ser membro de varias confrarías, aínda que algunha delas non teña a residencia do confrade.

A.- FREGUESIA DE S.XIÁN DE GAIBOR
1.- DATOS XERAIS (8)
Esta freguesía está situada no municipio de Begonte, arciprestado de Trobo, e diócese de Mondoñedo-Ferrol.
Ten unha poboación de 349 habitantes, distribuídos nas entidades de Borreiros, Calle do Sol, Carpaceira, Carretera, Fondevila, Lobradas, Palacio, Vigo y Vila.
A igrexa parroquial dista 5,3 Km. da capital do municipio, coa que se comunica por unha pista local e pola estrada nacional VI- Madrid a Coruña.

2.- CONFRARÍAS DA FELIGRESIA DE S.XULIAN DE GAIBOR
Nesta feligresía temos que distinguir tres confrarías:
I.- A CONFRARÍA DO APOSTOLADO DA ORACIÓN.
II.- A CONFRARÍA DO SANTÍSIMO.
III.- A CONFRARÍA DAS FILLAS DE MARÍA.

I.- ANÁLISE SOBRE A CONFRARÍA DO APOSTOLADO DA ORACIÓN
O día nove de Marzo do ano 1915 foi inaugurada a confraría do Apostolado da Oración por un dobre motivo: o da fundación do Via-Crucis e a reorganización da Asociación das fillas de María.
Para conmemorar tal feito un pai franciscano da cidade de Lugo dirixiu un triduo. "En el día nueve de Marzo de mil novecientos quince en la parroquia de Gaibor unida de Santiago de Illán, se inauguró el Apostolado de la Oración con este motivo, el de la erección del Via crucis y la reorganización de la Asociación de H. de María; se celebró un triduo dirigido por un P. Franciscano Fr. Modesto Feijoo de la residencia de la ciudad de Lugo" (9).
Desde ese día quedou formada a primeira xunta directiva da seguinte maneira:
1º.- Director: O Párroco.
2º.- Vicedirector: O Coadxutor.
3º.- Secretario: D. Victoriano Martínez.
4º.- Vicesecretario: D. Antonio Rifón.
5º.- Tesoureiro: D. Anxel Díaz.
A citada xunta instituíu unha cuota de entrada e anual para a admisión de socios. A cuota de entrada variaba según a idade dos mesmos.
IDADE // CUOTA DE ENTRADA
1º.- Socios de maís de cincuenta anos: 50 ctms.
2º.- Socios de maís de trinta e menos de cincuenta: 40 ctms.
3º.- Socios de menos de trinta anos: 30 ctms.
Unha vez rematado o ano os confrades pagaban ós celadores, no mes de Nadal, vinte ctms. de cuota anual. "Para fines de la Asociación se estableció como cuota de entrada cincuenta céntimos para los socios mayores de cincuenta años, cuarenta céntimos para los mayores de treinta y menores de cincuenta y treinta céntimos para los menores de treinta años y como cuota anual se estableció veinte céntimos..." (10).

"CARGO
Primeramente son cargo cuarenta y dos pesetas que importan las cuotas anuales de 210 socios.
También es cargo, seis pesetas noventa céntimos de catorce cuotas de entrada de 30 cts. una, tres de 40 cts. y cuatro de 50 cts......" (11).
Os ingresos da confraría empregábanse nos seguintes actos e cargas:
1º.- Confesión e misa cantada tódolos primeiros venres do ano.
2º.- Función solemne o día do Sgdo. Corazón.
3º.- Misa rezada polo confrade defunto.
4º.- Seis ou doce fachas de cera para o enterro dos confrades.
5º.- Suscripcións a revista "El Mensajero".
"DATA.
.....Id. veinte pesetas por las funciones de los primeiros viernes.
También se hace por la función al Sgdo. Corazón de Jesús, de siete pesetas, satisfechas a tres sacerdotes, pues si bien es cierto que asistieron cinco, los dos de la parroquia condonaron sus derechos.
Id. de nueve pesetas del Mensajero, mas dos pesetas ochenta céntimos de las intenciones mensuales" (12).
"Idem. treinta y seis pesetas importe de seis hachas para entierros de los cofrades...." (13).
Algunhas veces detallábanse as cuotas que percibían os celadores e celadoras no transcurso do ano. "... Jesús Castro Díaz por los años 1929 y 1930, doce pesetas. Idem de la celadora Manuela López Saa, tres pesetas con setenta
céntimos" (14).
A finais de cada ano, no mes de Nadal, a xunta directiva da confraría facía a liquidación dos cargos e gastos da mesma. O secretario e o presidente eran os encargados de asinar a liquidación nos primeiros anos de funcionamento da devandita asociación. Logo unicamente asinaba o presidente.
"........Y que asi conste firmo la presente cuenta con el Sr. Presidente, en Gaibor a treinta y uno de diciembre de mil novecientos veintiuno.
Presidente: Bernardino Campo Copa
Secretario: Victoriano Martínez." (15).
"........Para que conste lo firmo a 31 de diciembre de 1959
Presidente: Ramón Díaz Pichin." (16).
No ano 1940 o cura ecónomo (17) de Illán e Gaibor, D. Manuel BLanco Vidal, solicitou ó Bispado de Mondoñedo-Ferrol autorización para introducir nos estatutos da asociación as variacións seguintes:
1ª.- A asociación será parroquial.
2ª.- A cuota de entrada será de 50 ctms.
3ª- A cuota anual será de 60 céntimos para os socios que queiran ter dereito ós sufraxios da asociación, a cera e ó estandarte.
4ª.- Misa rezada correspondente e vixilia de defuntos nos primeiros venres de cada mes.
5ª.- Misa solemne o día do Sgdo. Corazón.
6ª.- Confesión e comunión mensual tódolos primeiros venres de mes.
7ª.- Si os fondos da confraría o permitisen, misa rezada o día da defunción de cada confrade, e si ese día non fora posible, no mais próximo.
O Bispado autorizou o 12 de febreiro de 1940 os cambios propostos polo ecónomo, sempre e cando tivera a conformidade dos celadores do Apostolado, en representación dos confrades.
" Mondoñedo, 12 de febrero de 1.940.= Autorizamos los cambios que se expresan, pero debiendo mediar antes de proceder a su ejecución acuerdo y conformidad de las Celadoras del Apostolado, en representación de los socios.=+ BENJAMIN, Obispo." Firmado y rubricado.
Lo que tengo el honor de comunicar a Vd. para su conocimiento y efectos consiguientes..." (18).
Polo tanto os confrades a partir dos anos corenta do noso século comenzaron a pagar novas cuotas de entrada e anuais. Isto supúxolles a nivel individual o dereito a cera de enterro, e a unha misa de defunto; e a nivel colectivo ó dereito a doce misas anuais, a celebración dos nove primeiros venres de cada mes, e a función solemne ó día do Sgdo. Corazón.
" 1957
Cuentas de la Asociación desde 1º de Enero a 31 de diciembre de 1957.

INGRESOS
Remanente de la cuenta anterior: 1470 ptas.
De cuotas percibidas durante el año: 358 ptas.
De limosnas: 52 ptas.
Suman los ingresos: 1880 ptas.

GASTOS:
Ciento ochenta ptas. de 12 misas mensuales: 180 ptas.
Ciento cinco ptas. de 7 misas por 7 asociados fallecidos: 105 ptas.
Por llevar cera a los entierros: 10 ptas.
De derechos por aprobación de cuentas: 12 ptas.
Por razón de los 9 primeros viernes de mes al S.C. de Jesús: 50 ptas.
Sesenta ptas. de la misa cantada el día de la festividad del S.C.J: 60 ptas.
Suman los gastos: 417ptas.

DEMOSTRACIÓN:
Ingresos: 1880 ptas.
Gastos: 417 ptas.
Diferencia: 1463 ptas. a favor de la Asociación del Apostolado de la Oración.-........" (19).
A confraría sempre tivo saldo favorable, a excepción do ano 1915, ano no que se fundou a confraría, e os anos 1982-84, en que deixou de funcionar dunha maneira oficial.
".... Resulta pues, que, importando el cargo ciento cincuenta y ocho pesetas sesenta céntimos y la data ciento setenta y una pesetas noventa céntimos, un déficit de trece pesetas treinta céntimos salvo error involuntario...." (20).
".... Gastos------10.925
Ingresos----10.677
Diferencia--00,248 ptas.
Rendidas las cuentas en la forma que antecede resulta una diferencia de 248 ptas. de déficit, cuya cantidad se cede a favor de la asociación" (21).

Cando a confraría tiña un gran beneficio, unha parte gardábase na administración diocesana e a outra gardábaa o propio párroco, que era o director da confraría.
" Rendidas las cuentas en la forma que antecede resulta una diferencia de mil cuatrocientas cincuenta ptas., de cuya cantidad 1.150 ptas, están en la Administración Diocesana de Depósitos Parroquiales, y 300 ptas. están en mi poder..." (22).

II.- ANÁLISE SOBRE A CONFRARÍA DO SANTÍSIMO
Segundo os libros parroquiais non se sabe a data de fundación desta confraría, o mesmo que sucede coa de Illán.
Nunha gran parte do século XIX os matrimonios pagaban de cuota dous reais nos meses de febreiro e maio, mentres que os viuvos e célibes aportaban un real. "Que en la parroquia de Gaibor se halla establecida según lo preceptuado, la cofradía del Stmo. Sacramento, contribuyendo cada matrimonio con dos reales, los viuvos y celibatos con un real...." (23)
A confraría tiña dous contadores, encargados de recadar as cuotas dos confrades, e un maiordomo que tiña as seguintes funcións:
1ª.- Poñía seis fachas de cera nos enterros dos confrades, que pagaban regularmente a cuota. Os restantes membros da familia non tiñan dereito a cera, si non pagaban a correspondente cuota.
2ª.- Encargábase da función solemne do Santísimo.
3ª.- Daba doce velas ós confrades que acompañaban alumando ó Viático.
" .... Además de las indulgencias propias, poner seis hachas en los entierros de los cofrades, sin derecho al resto de la familia y no en el aniversario de aquellos, entregar doce luces a doce cofrades acompañando el Viático, hacer la función solemne del Santísimo....." (24)
4ª.- Facía cada mes unha misa polos confrades defuntos.
" Lo mº le son data cuarenta y ocho Rs. de las doce misas, anuales...". (25)
O 28 de xullo de 1876, D. Cándido Castro e Pardo, párroco das feligresías de Illán e Gaibor, ante a dificultade de moitos feligreses para pagar a cuota estipulada, de dous reais anuais os matrimonios, e un real os viuvos e célibes, por cada unha das confrarías vixentes en Gaibor naquel momento, a saber, a do Santísimo e a da Virxe das Candelas, solicitou ó Ilmo. Sr. Bispo de Mondoñedo a permuta das tarxas (26) referidas, de tal maneira que os matrimonios e os viuvos e célibes pagasen respectivamente por ámbalas dúas medio ferrado de centeo e unha cuarta.
" Excmo e Ilmo. Señor Bispo de Mondoñedo.
Dn. Candido Castro y Pardo cura propio de Santiago de Illán y su unida San Julián de Gaibor..... expone: que enlas espresadas parroquias se hallan establecidas, segun lo preceptuado, las cofradias del SSmo. Sacramento contribuiendo para esto cada matrimonio con dos reales anuales, y en proporción los biudos y celibatos: que enla de Gaibor existe ademas otra Cofradía bajo la advocación dela Presentación de Nra. Señora, o sea delas Candelas, ala cual pertenecen la mayor parte delos vecinos dela misma con igual cantidad: que apesar delo manifestado, y por fatal delpago delas tarjas están dichas Cofradías sin tener ni con mucho la suficiente cera y escueta de fondos para poder adquirirla siendo inutiles las continuas amonestaciones dirigidas con este motibo a los feligreses. La morosidad de los mismos ysobre todo su estremada pobreza son las causas de este grabe mal. El esponente, referiendose por hoy ala parroquia de Gaibor, era con bastante fundamento que podría conseguir un resultado más satisfactorio si refundiendo enuna sola para elobjeto delas tarjas las dos Cofradías del SStmo. Sacramento y delas Candelas, se esigiese por ambas medio ferrado de centeno a cada matrimonio y una cuarta proporcionalmente a los viuodos y celibatos; pues de esta manera teniendo algún cuidado al tiempo dela recolección de la cosecha podrian reunirse los fondos necesarios sin ser molesto y graboso al pobre labrador que bería en los expresados tipos un equibalente del dinero que le es tan dificil reunir sobre todo enlos mees de Febrero y Mayo en quese verifica el pago y mayor su escasez de recursos que fundado en estas consideraciones
el que subscribre se atrebe a someter este idea ala consideración de V.E. y sila hallase merecedora de aprobación.................
S.Julián de Gaibor 28 de Julio de 1876.........." (27).
A solicitude foi aprobada polo Excmo. Sr. Bispo
D. Francisco de Salas, o 26 de Agosto de 1876.
"Tomando en consideración loque se Nos espone enla anterior instancia por el Parroco de Illan y Gaibor: acordamos que á losucesivo y mientras otra cosa nose determine paguen por razon detarjas los Cofrades dela del Santísimo Sacramento y dela Presentación de Nuestra Señora ó Candelas dela parroquia de Gaibor medio ferrado de centeno los casados,y una cuarta los viuvos y celibes para ambas Cofradias que se considerarán unidas para el efecto de las tarjas o caridades; pero separadas para sus funciones, actos e intereses, debiendo porlo tanto ingresar el producto de esta cuestación por mitad en cada una. Así lo decreta y firma el Excmo. e Ilmo. Sr. Dn. Francisco de Salas..." (28).
A partir do ano 1887 a confraría empezou a ter déficit debido principalmente á morosidade de moitos confrades. Esta morosidade comenzou a detectarse a partir do ano 1876, segundo puiden constatar a través dos documentos que van no anexo da citada confraría.
As razóns destas débedas radicaban, segundo o párroco D.Bernardino Campo e Copa, a falta de coñecemento por parte dos confrades do réxime destas confrarías, e ó feito esencial que só o que pagaba tiña dereito a cera de enterro.
"Y este arreglo siguió hasta la fecha en que yo viendo la segunda decadencia motivada a la falta de conocimiento del régimen de estas cofradías por parte de los cofrades, pues
la mayor parte ignora los cargos y cargas de ellas, siendo reacios a pagar (los que pagan), solamente por la costumbre y tradición, y a la vez el considerar que sólo el que paga tiene derechos no pudiendo transferirlos a sus inferiores o resto de la familia viendose por tanto obligados a pagar por segunda vez siendo todo por precios convencionales cuando necesitan cera para estos" (29).
Por tal motivo o devandito párroco reorganizou a confraría do Santísimo, polo cal fixo un Regulamento, que tamén foi aplicado a confraría do Santísimo da feligresía de Illán.
Con respecto a confraría da Virxe das Candelas rebaixou a cuota de cada confrade a un real, que permitía celebrar o día da súa festividade unha función solemne, co obxectivo de conservar a súa devoción na feligresía.
Tódolos confrades aceptaron gustosos estes novos cambios.
"...he convocado a todos los vecinos y manifestado el Regulamento que acompaña para la primera, y que la segunda se rebajaba a un real la tarja de cada cofrade, solo con el fin de conservar esa devoción de la parroquia teniendole la función solemne el día de su festividad, por cuenta de esa tarja; todos unanimente convinieron gustosos en aceptar la propuesta" (30).
A partir do ano 1906 cada cabeza de familia pagaba inicialmente de cuota medio ferrado de centeo ó ano, agás os veciños moi pobres que pagaban a cuarta parte dun ferrado, e tiñan dereito a media cera.
" Cada vecino pagará de tarja medio ferrado de centeno cada año..." (31).
" El vecino que quiera media cera, pagará la cuarta parte de un ferrado y tendrá los mismos derechos que los de la cera entera relativamente, pero a ningún vecino se le admitirá pagar media cera, a no ser que sea tan pobre que no tenga ni pueda mantener una cabeza de ganado vacuno" (32).
A partir dos anos trinta os confrades comenzaban a paga-la cuota só en metálico. "....Trescientas setenta y siete pesetas de las tarjas de los cofrades...." (33).
"Cuotas de los cofrades en el año de mil novecientos cuarenta y nueve, cuatrocientas sesenta pesetas..." (34).
Os confrades, que deixaban de paga-la cuota durante tres anos consecutivos, perdían a súa condición de membros da asociación. "El que en tres años consecutivos deje de pagar su tarja, perderá el derecho de ser cofrade...." (35).
A confraría nun principio estaba administrada por unha xunta directiva formada por cinco cabezas de familia, nomeados ou reelixidos cada catro anos, que tiñan como función face-las contas co párroco ó fin de ano, e anota-los acordos que eran convenientes.
Tódolos anos dous veciños da parroquia, casados nese ano e dunha idade non superior ós sesenta anos, eran os encargados de recoller as cuotas dos confrades. "Cada año seran colectores de las tarjas de los cofrades en cada parroquia dos vecinos, de los que se hayan casado desde primero de septiembre, a treinta y uno de Agosto, y no excedan de sesenta años..." (36).
Os colectores das cuotas recibían unha remuneración en metálico pola súa labor.
"Abonado al cobrador de tarjas veinticinco ptas..." (37).
Co importe das cuotas e da esmola recollida no "petitorio" en todo o ano, o rector ou rectores da confraría pagaban unha serie de actos litúrxicos; a cera, que tiña varias aplicacións e outras cargas.

1.- ACTOS LITÚRXICOS
1.1.- Función do Corpus, na que interviñan normalmente seis ou sete cregos, que percibían unha remuneración económica pola súa tarefa. " Item veinte y dos pesetas satisfechas a siete sacerdotes asistentes en la función de Corpus..." (38).
"Primeramente es data veintiseis pesetas satisfechas a seis sacerdotes en la función de Corpus-Cristi" (39).
1.2.- Unha ou dúas funcións fúnebres polos confrades defuntos. " Todos los años habrá dos funciones fúnebres por los cofrades difuntos en los días que la junta lo determine, cuyas funciones seran de cuenta de la cofradía, pero dependiendo siempre de los ingresos de ella" (40).
"....Item once pesetas y cincuenta céntimos satisfechas a seis sacerdotes por una función en sufragio de los Cofrades difuntos y demás fines..." (41).

2.- APLICACIÓNS DA CERA
A cera tiña varios usos:
2.1.- Empregábase para leva-lo Viático ós enfermos. "...Será cargo el alumbrado de los Viáticos para todas
las personas que lo acompañen, sobre todo habrá luces para repartir entre los cabezas de familia, y para los menores, segundo tenga de fondos la cofradía" (42).
2.2.- Empregábase no enterro e no cabodano non só dos confrades defuntos e as súas familias, senón tamén daquelas persoas que, non pertencendo a confraría, pagaban unha taxa económica que variaba segundo foran feligreses ou non. Así a persoa que, non sendo confrade e feligrés, quería a cera, pagaba cinco ptas. polo enterro e tres polo cabodano. Si era feligrés pagaba tódalas cuotas atrasadas desde a data, en que foi constituído o novo Regulamento (1906), maís tres ptas. de multa para fins da confraría.
"Cada vecino tendrá derecho.....a la cera entera en su entierro y cabodaño" (43). "El cabeza de familia tendrá cera paga para todos los que viven en su compañía..." (44).
" El que no sea cofrade y quiera la cera de esta cofradía,
dentro de la parroquia, no fuera, sino es feligrés, pagará cinco pesetas en el entierro y tres en el cabodaño, y si es feligrés pagará todas las tarjas atrasadas a contar desde la fecha más tres ptas. de multa para fines de la cofradía" (45).
".....De alquiler de cera 100 ptas..." (46).
Agás os veciños moi pobres, que só pagaban media cera, os demais pagaban cera enteira, que se compoñía de doce fachas nas gradas e doce velas nos altares. "La cera se compondrá de 12 hachas en las gradas y doce velas en los altares cera entera, y seis hachas y seis velas media cera; las hachas serán de tres libras cada una, sin perjuicio de aumentar el peso de ellas en lo sucesivo según haya de fondos" (47).
" Item cuarenta y cinco pesetas satisfechas por doce hachas de a 2 libras y media...." (48).
O sancristán era o encargado de poñe-la cera nos enterros e cabodanos, recibindo unha paga non só por esta tarefa, senon tamén por outras. "....el sancristán será el obligado a poner la cera en los entierros y cabodaños de los cofrades...." (49).
".......Item cincuenta pesetas satisfechas al sancristán..." (50).

3.- OUTRAS CARGAS
Pagaban o alumado do Santísimo durante todo o ano.
"…Abonado por 26 litros de aceite para alumbrado del Santísimo 166 ptas..." (51).
Ademais pagaban outras cargas relacionadas con actividades de culto. "Una garrafa de vino para misas once pesetas, con cincuenta céntimos..." (52). "Al carpintero por hacer un altar hacia el pueblo de madera de castaño 600..." (53).
A confraría desde que se constituíu o novo Regulamento sempre tivera beneficios, agás os anos 82-84 deste século.
Estes beneficios ficaban en poder do párroco, e algúns anos, cando había bastante remanente, ficaban tamén en poder da administración diocesana de depósitos parroquiais.
"...Rendidas las cuentas en la forma que antecede resulta una diferencia de 4600 ptas., de cuya cantidad remanente 3057 ptas, están en la administración diocesana, y 1003 ptas. están en mi poder..." (54).

A partir do ano 82, a confraría empezou a ter déficit debido entre outras cousas a que se produxera un desaxuste entre as cuotas dos confrades e o nivel de vida existente, o que motivou que a asociación fora desaparecendo dunha maneira oficial. "...Rendidas las cuentas en la forma que antecede resulta una diferencia de 812 ptas., cuya cantidad déficit se cede a favor de la Cofradía..." (55).
"Cuentas de la Cofradía del Santísimo durante el año 1963.

INGRESOS:
Remanente del año anterior..........................4060 ptas.
Cobrado de cuotas en el año......................... 800 ptas.
De Limosnas......................................... 117 ptas.
Suman los ingresos...................4977 ptas.

GASTOS:
Por diez litros de aceite para la lámpara............370 ptas.
De la función del Corpus segun las mismas intenciones de años anteriores...............150 ptas.
Por bujías........................................... 75 ptas.
Por cuatro kilos de cera en velas....................195 ptas.
Al cobrador de cuotas................................ 40 ptas.
Derechos abonados por aprobación de cuentas.......... 9 ptas.
Suman los gastos.................... 839 ptas.

DEMOSTRACIÓN:
Ingresos.......4.977 ptas.
Gastos......... 839 ptas.
Diferencia.....4.138 ptas.
Rendidas las cuentas en la forma que antecede resulta una diferencia de 4.138 ptas., de cuya cantidad remanente 3.057 ptas. están en la Administración Diocesana, y 1.081 ptas están en mi poder.
Para que conste lo firmo a 31 de diciembre de 1963.
Ramón Díaz Pichin. " (56).

III.- ANÁLISE SOBRE A CONFRARÍA DAS FILLAS DE MARÍA
Esta confraría foi fundada inicialmente en Gaibor polo seu párroco D.Bernardino Campo Copa, o 10 de Marzo de 1915, e reorganizada logo polo seu sucesor D.Xesús Ansede, o 25 de Outono de 1931. Tiña como obxecto principal tributar a María Santísima, no misterio da súa Concepción Inmaculada, un culto constante na terra, procurando ó mesmo tempo imita-la nas súas virtudes, e moi especialmente na pureza de alma e corpo. (57)
A esta asociación podían pertencer non só as doncelas desta parroquia, senón tamén de parroquias limítrofes como Xoibán, Trobo, Illán, Damil, Felmil etc., que asistían -previo aviso- ós actos da asociación, que se celebraban no mes de maio. "Las Hijas de María de las parroquias de Trobo, Joibán, Illán, Damil y Felmil, previo aviso, suelen acudir todos los años al centro en Gaibor sobre todo el día de la Festividad religiosa en el mes de Mayo, para tributar a la Virgen Inmaculada el homenaje de su filial imitación, devoción, adoración y comunión general, como obsequio de reparación, desagravio, alabanza y súplica a su celestial patrona" (58).
As doncelas tiñan que cumprir unhas normas para a súa entrada na confraría, a saber: aceptar e cumprir os trinta artículos deste Regulamento; ter feita a primeira comunión; estar solteira; gozar de boa reputación...
Esta asociación estaba administrada por unha xunta directiva composta polos seguintes membros: o director, que era o párroco da feligresía; unha presidenta; unha vice-presidenta e unha secretaria, que eran elixidas cada tres anos entre tódalas asociadas; unha tesoureira, escollida polos cargos precedentes. Estes catro membros elixían outros cargos da confraría, como as directoras dos coros, e dúas auxiliares por coro; unha instructora de aspirantes; unha camareira da Virxe, e catro adornistas do altar.
Cada membro do consello directivo tiña unhas funcións específicas. A presidenta facía que tódalas confrades cumprisen os estatutos da asociación, polo cal era necesario que os lese a miúdo e os entendese ben; falaba a todas do espírito da asociación, moi especialmente as mais abandonadas; era humilde e caritativa coas súas compañeiras, preferentemente coas mais pobres e doentes; finalmente fomentaba cada vez mais o culto a Virxe Inmaculada e a imitación da súas virtudes.
" Obligaciones de la Presidenta:
1ª Observará y hara que todas observen estos Estatutos, para lo cual debiera leerlos frecuentemente y entenderlos bien. 2ª Por si o por quien juzgue más a propósito, avisará y corregirá con prudencia y caridad a las socias que falten 3ª Sera humilde y caritativa con sus compañeras........ 4ª Hablará a todas y especialmente a las más abandonadas del espíritu de la Asociación...." (59).
A vicepresidenta axudaba á presidenta nas súas funcións, sustituíndoa cando estivese doente, por ausencia, ou por outro tipo de imposibilidade. "Coadjuvará con aquella en el desempeño de sus funciones y la sustituirá en casos de enfermedad, ausencia, imposibilidad etc... Por lo tanto sus funciones son las mismas que las de la Presidenta" (60).
A secretaria comunicaba, a quen o necesitase, as ordes da presidenta e o director; no mes de Nadal liquidaba o estado de contas,e fondos da confraría de acordo coa presidenta e tesoureira; anotaba no libro da asociación tanto os ingresos como os gastos do ano que remataba, atendendo os datos aportados pola tesoureira e as directoras de coro; firmaba xuntamente coa presidenta e tesoureira as contas anuais, que presentaba logo o director para que dese o Vº Bº.
A tesoureira era a depositaria das cintas e medallas da asociación, así como dos gastos e ingresos percibidos de cada directora de coro, que presentaba a fin de ano á secretaria para que fixese as contas coa presidenta. "Será depositaria de los fondos, cintas y medallas de la Asociación, llevando nota detallada de entradas y salidas de estos objetos; de gastos y de ingresos percibidos de cada Directora, que presentará a fin de año a la Secretaria para formalizar cuenta en unión con la Presidenta" (61).
A instructora procuraba ensinar as primeiras nocións da doutrina cristiá as doncelas aspirantes; comunicaba o nome e apelidos da mesma, e logo avisaba á presidenta ou ó Director para a súa admisión.
A camareira da Virxe, xunto coas adornistas do altar, tiñan unha esmerada limpeza coas roupas, e obxectos da Virxe; procuraban que os altares, candeeiros, e imaxes do templo estivesen sempre limpos e adornados de flores.
As directoras de Coro conservaban en bo uso a lista do seu coro, na que anotaban a cuota anual das súas asociadas, que logo entregaban a tesoureira no mes de Nadal; vivían compenetradas co espírito da asociación, estimulando ás demais a comunión e ós exercicios mensuais da confraría.
"Conservarán con toda limpieza, sin arrugas y en buen uso, la lista de su Coro. Anotarán fielmente en ella la cuota anual de sus asociadas. Reunidas dichas cuotas en Diciembre, las entregarán, sin dilación a la Tesorera......Vivirán compenetradas con el espíritu de la Asociación....No faltarán y estimularán a las demás, a la Comunión y Ejercicios mensuales..." (62).
As asociadas utilizaban como distintivo unha medalla coa imaxe da Purísima Concepción, pendente dunha cinta azul, lisa nas simples asociadas e con vivos prateados nas que pertencían ó Consello directivo. Este distintivo utilizábanno en tódolos cultos da asociación; festividades solemnes da Virxe; enterros de asociadas, e outros actos públicos de cristiá piedade. (63)
As confrades aportaban no mes de Nadal unha cuota de dez céntimos. Esta cuota, e a esmola que se recollía na función relixiosa do mes de maio, e na "boeta" durante o resto do ano facían posible que o consello rector da asociación sufragase anualmente os actos e cargas da mesma. "Entregar, durante el mes de Diciembre, a la directora de Coro, 10 céntimos para gastos de la Asociación....?" (64).

ACTOS E CARGAS DA ASOCIACIÓN
1º.- Celebración da festa principal, que tiña lugar no mes de maio, coa súa novena correspondente.
2º.- Celebración da festa da Purísima, o día oito do Nadal.
3º.- Celebración dunha misa o día once de febreiro, adicada non só a Virxe de Lourdes, senón tamén a tódolos defuntos da asociación.
4º.- Aplicación dunha ou dúas misas por tódolos defuntos da asociación. "De dos misas aplicadas por todos los difuntos de la Asociación 30,55..." (65).
5º.- Aportación de doce fachas de cera ás confrades defuntas. "La Directora del Coro de la Difunta....pasará a recoger el Estandarte y las 12 hachas de cera si la difunta estaba al corriente del pago de su cuota..." (66).
6º.- Aportación dos fogos da procesión.
Os devanditos actos e cargas puideron levarse a cabo tódolos anos debido a que a confraría, desde os seus inicios, sempre tivera beneficios.
" Cuentas de la Asociación de Hijas de María en el año 1960.

INGRESOS:
Existencia del año anterior................... 645 ptas
De cuotas durante el año...................... 434 ptas
Recaudado de limosna en la función de Mayo.... 143 ptas
De limosnas enla boeta durante el año......... 129 ptas
Suman los ingresos....... 1.351 ptas.

GASTOS:
De la función de Mayo el día de la Comunión General aplicada a la Virgen a intención y obligaciones de las asociadas y donantes.................................100 ptas
Bombas para la procesión......................... 85 ptas
De tres misas aplicadas a la Virgen y por todas las difuntas de la de la Asociación el 8 de diciembre del pasado año, el 11 de febrero y el día de la función de Mayo del año en curso..............................80 ptas
Suman los gastos.........265 ptas ..." (67).

Por outra banda as asociadas tiñan unha serie de obrigacións espirituais, a saber:
1ª.- Comulga-lo once de febreiro, festa da Virxe de Lourdes, e o vinteún de xuño, festa de S.Luis Gonzaga, patrono secundario de tódalas asociadas.
" Bueno sería siquiera comulgar el 11 de febrero, fiesta de la Virgen de Lourdes, cuya imagen, en esta Iglesia, suple la de la patrona de la Asociación, y el 21 de Junio, fiesta del angélico jóven S.Luis Gonzaga, patrono secundario de todas las asociadas" (68).
2ª.- Recibi-los sacramentos da Penitencia e maila Eucaristía o terceiro domingo de cada mes; asistir ós exercicios relixiosos da asociación. "...El tercer domingo, recibir los Sacramentos de la Penitencia y Eucaristía, y asistir a los ejercicios religiosos de la Asociación, con la puntualidad que lo permitan las ocupaciones" (69).
3ª.- Reza-las tres Avemarías tódolos días.
4ª.- Visita-lo altar da Virxe despois da misa dominical ou festiva.
"Es buena y laudable la costumbre de hacer todos las Asociadas una visita colectiva a la Virgen, una vez terminada la misa parroquial de los días festivos...." (70).
5ª.- Visita-las compañeiras doentes, e nos casos que fora necesario coidalas. "Cuando enferme una Asociada, la Directora en su Coro, la Auxiliar en su Sección, y todas las demás que componen dicho Coro, y todas las Asociadas en general, especialmente las más próximas, la visitarán y consolarán en su enfermedad, la cuidarán si no tiene de los suyos, quien lo haga..." (71)
Na actualidade, a pesar de que a confraría non existe dun xeito oficial, séguese celebrando o derradeiro domingo do mes de maio unha misa ofrecida á Virxe de Lourdes, á que asisten algunhas mulleres non só da feligresía de S. Xulián de Gaibor, senón tamén doutras feligresías próximas como Illán, Trobo, Damil, Felmil, etc…

NOTAS
1. ESCALERA REYES, Javier.- "La religiosidad popular. III. Hermandades, romerías y santuarios. "Hermandades, religión popular y poder en Andalucía". C. Álvarez Santalo, María Xesús Buxo y S.Rodríguez Becerra (Coords.) Anthropos. Barcelona. 1989, pg. 459.
2. MALDONADO, Luis.- "Para comprender el catolicismo popular". Cofradías y hermandades. Ed. Verbo Divino. Estella (Navarra). 1990, pg.87.
3. ESCALERA REYES, Javier.- Ob. cit, pg. 460.
4. MALDONADO, Luis.- Ob. cit, pg. 87.
5. PITT RIVERS, Julián.- "L'identité locale vue à travers la fiesta". Coloquio Hispano-Francés. Culturas Populares. Diferencia, Divergencias, Conflictos. Universidad Complutense. Madrid. 1986, pg.13.
6. LOPEZ FERREIRO, Antonio.- "Los Fueros Municipales de Santiago y su tierra". T.I. Santiago. 1985, pg.359.
7. En Andalucía hainas tamén pechadas e horizontais.
8. Datos sacados da G.Enciclopedia Galega. T.14. Santiago. 1974, pg. 189.
9. Confraría do Apostolado da Oración. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Ano 1915.
10. Estatutos da Confraría do Apostolado da Oración. Feligresía de S.Xulián de Gaibor. Ano 1915.
11. Confraría do Apostolado da Oración. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Ano 1921. Ver Anexo.
12. Ibidem. Ano 1916.
13. Ibidem. Ano 1919.
14. Ibidem. Ano 1930. Ver Anexo.
15. Ibidem. Ano 1921. Ver Anexo.
16. Ibidem. Ano 1957. Ver Anexo.
17. Crego sustituto, que fai as funcións de párroco.
18. Confraría do Apostolado da Oración. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Carta da Secretaría-Cancillería do Bispado de Mondoñedo de 13 de febreiro de 1940. Ver Anexo.
19. Confraría do Apostolado da Oración. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Contas da Asociación desde o 1º de Xaneiro ó 31 de Nadal de 1957.
20. Ibidem. Ano de 1915.
21. Ibidem. Anos 1982-84.
22. Ibidem. Ano de 1959.
23.- Cofradía do Santísimo. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Carta de D.Bernardino Campo e Copa ó Ilmo. Sr. Gobernador eclesiástico da diócese de Mondoñedo-Ferrol, de data 7 de Outono de 1906.
24. Ibidem.
25. Ibidem. Ano de 1852.
26. Cuota en especie ou en metálico.
27. Confraría do Santísismo. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Solicitude de D.Cándido Castro e Pardo ó Excmo. e Ilmo. Sr. Bispo de Mondoñedo o 28 de Xullo de 1879. Ver Anexo.
28. Confraría do Santísimo. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Resposta do Bispo de Mondoñedo o 26 de Agosto de 1876. Ver Anexo.
29. Confraría do Santísimo. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Carta de D. Bernardino Campo e Copa ó Ilmo. Sr. Gobernador eclesiástico da diócese de Mondoñedo-Ferrol de data 7 de Outono de 1906.
30. Ibidem.
31. Confraría do Santísimo. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Artículo 1.
32. Ibidem. Artículo 2.
33. Confraría do Santísimo. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Contas do ano 1943.
34. Ibidem. Contas do ano 1949.
35. Confraría do Santísimo. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Artículo 12.
36. Ibidem. Artículo 8.
37. Confraría do Santísimo. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Contas do ano 1945.
38. Ibidem. Contas do ano 1917.
39. Ibidem. Contas do ano 1928.
40. Confraría do Santísimo. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Artículo 14.
41. Ibidem. Contas do ano 1917.
42. Ibidem. Artículo 13.
43. Ibidem. Artículo 1.
44. Ibidem. Artículo 5.
45. Ibidem. Artículo 10.
46. Ibidem. Contas do ano 1950.
47. Ibidem. Artículo 6.
48. Ibidem. Contas do ano 1928.
49. Ibidem. Artículo 8.
50. Ibidem. Contas do ano 1928.
51. Ibidem. Contas do ano 1946.
52. Ibidem. Contas do ano 1930.
53. Ibidem. Contas do ano 1966.
54. Ibidem. Contas do ano 1962.
55. Ibidem. Contas dos anos 1982-84.
56. Ibidem. Contas do ano 1963.
57. Asociación das Fillas de María da feligresía de S. Xulián de Gaibor. Ano 1950. Ver Anexo.
58. Asociación das Fillas de María da feligresía de S. Xulián de Gaibor. Ano 1950. Ver Anexo.
59. Asociación das Fillas de María da feligresía de S. Xulián de Gaibor. Artículo 21.
60. Ibidem. Artículo 22.
61. Ibidem. Artículo 24.
62. Ibidem. Artículo 28.
63. Asociación das Fillas de María da feligresía de S. Xulián de Gaibor. Ver Anexo. Distintivo de las Asociadas.
64. Ibidem. Obligacións xerais de tódalas asociadas cada ano. Artículo 8.
65. Asociación das Fillas de María. Feligresía de S. Xulián de Gaibor. Contas do ano 1958.
66. Ibidem. Artículo 15.
67. Ibidem. Contas do ano 1960.
68. Ibidem. Artículo 8. 1º Cada ano.
69. Ibidem. Artículo 8. 2º Cada mes.
70. Ibidem. Artículo 10.
71. Ibidem. Artículo 14.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania