Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (49)

miércoles, 25 de febrero de 2015
Días de Nadal

Hoxe, vou poñer unhas letras para dar unha saída ao que sinto estes días de Nadal, con letra pequena. Despois de pasar parte da miña vida, o Nadal non ten motivo para existir entre nós. Nalgún tempo da miña vida tiña fe; pero, agora, estou desorientada. Non vexo o horizonte. Son vella. Setenta e cinco anos dan para moito.

Cando a vida che dá tantos golpes. Pero, por desgracia, haberá moitos coma nós ou peores; tamén dirán o mesmo. Gustaríame que todos puidéramos estar alegres, que non houbera tantas desgracias, tantas diferencias. Uns morrendo de fame, de frío, de enfermidade por falta de medicinas. Outros malgastando con tantos vicios. Que dirán os que teñen fame cando ven estes días de Nadal na televisión, tanto derroche, e eles tan pobres. Pero, ata penso que lles daremos pena; pois, entre eles, serán máis solidarios.

A estas alturas da miña vida, estou un pouco desconcertada. As cincunstancias non son boas, pero non hai que perder as esperanzas. Aínda podemos ver saír o sol. Xa me parece raro. As chagas irán curándose. As cicatrices estarán aí. Os que teñan fe, enhoraboa, pois vívese mellor.

Os que a fomos perdendo tampouco quedaremos tirados no camiño. Xa, co que sufrimos, tamén teremos recompensa.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES