Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vendo e aprendendo

jueves, 26 de febrero de 2015
Ó longo da vida o ser humano está aprendendo sempre.
Unhas veces aprendemos por experiencias vitais, outras diante dos libros, e sempre, sempre daquelo que imos vendo.

Todo canto se nos presenta diante dos nosos ollos impacta na nosa retina, manda a mensxe ó cerebro e deixa unha pegada na nosa mente que levamos con nós toda a vida.

Unhas veces de forma consciente e outras de forma inconsciente, pero de todo canto vemos, de todo canto oímos, de todo canto sentimos, de todo canto percibimos; aprendemos unha lección.

Aprendemos de todo no noso entorno na vida diaria, pero tamén aprendemos cando viaxamos.

Din alí que vale máis unha imaxe que mil palabras, de modo que viaxando, vendo “in situ” as cousas, as xentes, os monumentos, os costumes, a gastronomía, as paisaxes… Todo nos fala. De todo aprendemos.

Un coñecido profesor que leva viaxando por boa parte do mundo mundial di a tódalas horas que : “Viaxar é vivir”
¿Por qué dirá esto o profesor?

Eu supoño que ademais de aprender tamén nos gusta saír da casa, divertirnos, pasalo ben e –se ó mesmo tempo aprendemos- xa é una boa maneira de inverti-lo tempo vivindo a tope.

¿É vostede una persoa de moito mundo?
Case seguro que si.
¿Coñece a outras persoas que como vostede recorreron moito?
Seguro que si porque hai moitas persoas que viaxan por diferentes razóns:
-Unhas por razón de traballo.
-Outras por razón de estudios
-Outras porque lles gusta a aventura.
-Outras por razón de ocio.
-Outras porque se poden permitir ese luxo.
-Outras…

A min persoalmente gústame moito viaxar:
-Gústame oberva-las persoas.
-Gústame conversar con elas.
-Gústame ve-las diferentes paisaxes que me falan de diferentes climas e diferentes modos de vida.
-Gústame ve-la industria alí onde a hai porque hoxe en día é un piar fundamental para a economía dun país.
-Gústame ve-los monumentos que me falan de arte, de artistas e do enorme esforzo que deixan feito os nosos antepasados.
-Gústanme os museos de todo tipo que almacenan boa parte do saber e do facer de xeracións desde tempos remotos.
-Gústanme os medios de transporte tanto os de terra, como os de mar como os de aire. Todos me falan da intelixencia de cantas persoas fan posible que todo funcione correctamente.

A min paréceme que ó ser humano en xeral sempre lle gustou viaxar.
Algunhas persoas tiveron moito valor.
¿Imaxínase o valor que hai que ter para subirse por primeira vez a un avión sen saber a ciencia certa se vai funcionar?

¿Imaxínase o aguerridos que foron os que se lanzaron ó mar descoñecido en tempo dos descubrimentos cunhas embarcacións pouco máis que de xoguete?
¿Que dicir dos que foron á lúa?
¿Vostede, se estivera no seu lugar, atreveríase?

Eu son moi meducas. Case seguro que non.
A primeira vez que me subín nun teleférico…case morro do susto, eso que xa outros foran antes...
Se fora a primeira vez; de ninguna maneira.
Realmente son moi meducas. ¡Que lle imos facer!
Deus dea máis a uns que a outros.

Pois… grazas a todas esas persoas que nos precederon, nós viaxamos tranquilos arredor do mundo, voamos, percorremos autopistas terrestres por diferentes países, cruzamos mares, etc, etc.

Aínda que non todos teñamos a oportunidade nin poidamos ou non queiramos viaxar tanto como sería necesario; a verdade é que imos aprendendo mentres imos vendo.

¿Coñece a algunha persoa que nunca saíu da casiña?
É probable que si. Aínda quedan moitas.
¿Verdade que se nota a diferencia entre unhas e outras?

No seguinte artigo contareille algunha das miñas experiencias viaxeiras como complemento ó que teño estudiado nos libros.
Titulareino: VER PARA CRER

Graciñas por todo canto vostede deixa aportado á Humanidade en relación con todo o que leva visto na súa vida.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES