Coñecín personalmente a Germán Castro Tomé o 17 de Maio de 2014 nos actos de homenaxe ao poeta dos Vilares Xosé María Díaz Castro. Desde aquela xa tivemos varios encontros, un deles na súa casa de Papoi, en

Esmelle que é a súa patria vivencial, a súa militancia familiar e de querencia, nese mar ferrolés do que se empapa desde que naceu cal peixe.
Ese 17 de Maio foi importante para a Terra Chá, para Os Vilares e tamén para Man Castro, non solo pola súa admiración polo poeta e os seus lazos familiares sinón por ese grande reencontró coa súa propia historia dunha maneira tan memorable.
Non vou descubrir eu o currículo deste xornalista con formación humanista saído desa inmensa cuna de sabedoría chamada seminario de Mondoñedo cómo o seu parente Díaz Castro. Non son tampouco o máis indicado para falar da súa ampla experiencia xornalística en numerosos medios de prestixio en Galicia. Nin vou ser tampouco da súa calidade humana.porque hai quen o coñece mellor ca min.
Sí quero resaltar que nese ano escaso no que o trato, o seu amor á Chaira e aos Vilares a pesares de ter nacido noutras terras. É sabedor de que a súa história procede dos seus pais cara atrás desa inmensidade que él valora e admira que se chama Terra Chá e encheu de orgullo que polas súas veas circule o mesmo sangue que o poeta do Vilariño, a súa sensibilidade, a súa cultura. Polas súas veas vai tamén o sangue de Nicolás Castro, Nicolás dos Manchás, ese lugar máxico e emblemático dos Vilares do que proceden.
Man non deixa pasar nunca a oportunidade de lembrar en calquer foro que tamén é mancharego e chairego.
Nesa liña e compromiso, está a colaborar co proxecto Os Vilares, lareira de soños coa amabilidade e bondade que o caracterizan, algo do que nos sentimos moi afortunados.
Recentemente puiden ler que está a colaborar co medio A Voz de Vilalba, o que me alegra como en calquer outro vinculado á terra de procedencia dos seus antepasados, e que nel ten doble valor pois co seu historial profesional non precisa de máis recoñecemento nin influencias que os xa acumulados e polos que se lle ten grande respeto.
Con Man Castro, a inmensa Chaira esténdese tamén por esa grande chaira de mar desde Ferrolterra, polos Vilares de Esmelle, polos Manchás de Papoi...
http://galegos.galiciadigital.com/gl/german-castro-tome