Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tren turístico en Compostela

lunes, 23 de febrero de 2015
Nos meus anos radiofónicos chamábame moito a atención a existencia dunha canción titulada “Tren transoceánico a Bucaramanga”, da que por ser en inglés non me enteraba de nada. Pero catro décadas despois lembro o título.

Tamén me chamaba a atención a existencia dun tren turístico en Compostela, xa que –coñecendo a cidade- non me imaginaba como podía facer para enseñar as partes máis turísticas da capital en zona específicamente peatonal.

Hai pouco máis dun mes, fixen o recorrido, porque os meus acompañantes infantís querían ir nun tren como aquel, non polo percorrido senón polo medio. E fomos.

Efectivamente é un percorrido por Compostela, desde a Praza do Obradoiro ata a Praza do Obradoiro, que non pasa pola Catedral, nin por Fonseca, nin polo Franco, nin… pasamos por diante de San Francisco, polo Auditorio e facultades, pola zona moderna universitaria, por San Pedro e arredores sen mención ao Home Santo… descubrimos un Santiago para min inédito porque gosto de perderme polo Santiago histórico, entendendo que os visitantes de Compostela queren mergullarse no seu histórico ambiente, ver as pegadas en pedra que os séculos depararon, e non poden conseguilo viaxando en tren.

Eu comprendo que un tren turístico non pode subir á Quintana, nin entrar na Catedral, pero de un desatino así ao desatino da realidade do percorrido algo debe quedar como término medio. E seguro que algo pode modificarse no itinerario para mellorar a imaxe que os viaxeiros perciben dunha cidade que merece o título de “Capital de Occidente”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES