Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Blanco promete

miércoles, 29 de marzo de 2006
Case non sabemos o que é, pero en Galicia suspiramos polo Ave.

Tendo o tren que temos, que case non utilizamos porque lle perdemos lei, é lóxico que suspiremos porque esto mellore á altura das outras zonas do Estado, pensando que por exemplo o Ave Madrid-Sevilla funiona desde que se celebrou a Expo (1992), polo que está a punto de cumplir 16 anos.

Temos un tren decimonónico, con vía única que -se foi considerado nos seus comezos un elemento decisivo de progreso- na actualidade ven ser un incordio, coa vía e as estacións impedindo o desenvolvemento das nosas cidades.

Pois o Ave vai vir. Por promesas que non quede. A última, de José Blanco, o todopoderoso galego do partido no Goberno.

José Blanco ven de asegurar diante do Consello asesor da Cel que se vai licitar o máis rapidamente posible o Ave, tranquilizando ós empresarios sobre as infraestructuras de Galicia, que recibirán en 2007 un moi importante impulso.

Queremos confiar en Blanco, no Goberno, nas infraestructuras e no Ave. Todo sexa porque Galicia – que en comunicación se non chega tarde, chega dos últimos- se incorpore ás nacionalidades que chegan en tren a Madrid ó mesmo tempo que o poden facer por estrada.

Ogallá en esto Blanco acerte e non lle pase como hai uns días que falando de que o Partido Popular non sabía rectificar, calificou “rectificar” de adxectivo.

É un lapsus linguae, claro. Só comprensible no alto nivel de enfrontamento de Blanco co PP.

Nós, en tanto, agardamos polo Ave. Que, aínda non sendo un adxectivo, coidamos debe ir acompañando ós nomes das nosas cidades.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES