A paz e a palabra
Editorial - martes, 28 de marzo de 2006
30,33,70. A primeira cifra corresponde a Arxentina. A segunda a Chile. A terceira, a España. Son os anos que se cumpren ou van cumprirse de cadanseu cataclismo antidemocrático e criminal. O primeiro, en marzo. O segundo, en setembro. O terceiro, en xullo.
En Arxentina, hai trinta anos, alguén puido soñar que o Exército viña poñer fin a un desgoberno lánguido encabezado pola viuva do lexendario Xeneral Perón.
Moi axiña empezou a faltar xente. Non se sabía se se foran ó extranxeiro ou os fixeran desaparecer. Pero enseguida estivo moi claro.
Con vida se los llevaron, y con vida los queremos, comenzaron a denunciar as Madres de Mayo.
Trinta mil persoas desaparecidas/mortas. Trinta anos despois, tódalas feridas están abertas, e Arxentina sumida nunha crise económica e social de ben difícil solución.
Nunca más, proclama Ernesto Sábato, cabeza isible da resurrección social. Nunca más ou Nunca máis se o decimos desde aquí hacia Arxentina, hacia Chile (que estrena animosa Presidenta) ou hacia España.
¡Nunca máis!.
Foi o Presidente Zapatero nunha recente rolda de prensa, quen expresou o que todos sentimos en relación con este tempo de aniversarios, en relación con longas noites de Pedra, en relación con futuros tempos sen feridas, no que teñen que ir desaparecendo as vellas cicatrices.
Máis ou menos veu dicir que serían legais, que poderían participar na nosa sociedade, tódolos que empregasen unicamente a forza da palabra para facerse oir, e para defender as súas ideas.
Polo que a España se refire, hoxe comezan as palabras que agardamos cristalicen en feitos. Despois de tódalas traxedias, a palabra e a paz.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora