Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cregos vascos en Consello de Guerra

viernes, 20 de febrero de 2015
Os galegos, coidamos que os vascos e os cataláns teñen adiantado moito máis ca nós na pescuda do futuro e do pasado. E sen embargo, para a redención dos cregos vascos masacrados na nosa gran guerra, tivo que ser un galego o que lles abrira os ollos aos vascos sobre este anaco vital do seu pasado.

No prólogo deste libro, un “bertsolari” escribíu, a xeito de habanera, a Anxo Currás, o que traducido di así:
- Un gallego apareció en nuestro campo de visión
Y nos invitó: “bajemos al fondo de vuestra memoria”.
El vacío que entretanto había es ciertamente culpa nuestra.
Es igual. Ahora podemos subir conscientes sobre el muro.
No sabría distinguir si es emoción o miedo lo que siento
pero si no es mentira que todo esto sucedió de verdad
nuestra posterior lucha llevaba sin duda raíces seguras.
¡Un gallego tuvo que venir a remover nuestro subsuelo!.

A Vilalba -anos corenta- primeiro mandáronnos de crego a don Gabriel Pita da Veiga, santo que me bautizou, que deixaba a súa casa sen comida ou sen colchón se algún pobre petaba á súa porta. Despois del veu Don Adolfo, un coronel con mando en praza, firme e rexo, co que os rapaces vilalbeses de excursión conquistamos a base americana de Estaca de Vares porque ningún soldado de garda se atreveu a impedir o paso a aquela impresionante presencia, exemplo perfecto da Igrexa “triunfante” daquela época.

E nós, os vilalbeses, mandámoslles anos despois a uns curas especiais -outra xeneración, outro tempo, outro xeito- que, en compañía de outros parecidos, revolucionaron a Igrexa ferrolana… Chamábanse Chao Rego, Bernardo García Cendán, ou Anxo Ferreiro Curás..

A historia destes cregos, que acabaron voando libres fóra da Igrexa oficial, contóunola Rosa Cal, e hai un anos presentamos ese libro, texto para a historia, para despertar conciencias, para que aqueles feitos que tiveron mártires abatidos na Ponte das Pías, figuren na historia con letras máis firmes ca a das lendas urbanas.

E para despertar conciencias, abrir fiestras á historia, agora Anxo Currás preséntanos unha magna obra onde se fala claramente dos cregos que pagaron coa vida ser cregos, vascos e apegados á súa xente. Que con que foran cinco xa serían unha lexión pero foron 17 asasinados, 200 sometidos a consellos de guerra e arredor dun milleiro desterrados ou exiliados, esquecidos, abandoados, despreciados ata pola xerarquía eclesiástica onde unicamente atoparon amor fraterno no Cardenal Segura de Sevilla.

E ten que vir un galego de Vilalba, setenta e tantos anos despois, sabedor do que doen os agravios en carne propia, a remover o sochán vasco e sacar á luz esta historia aportando o que hoxe se pode facer de xustiza a tanta inxustiza e tanto sufrimento.

Ver na foto da portada a sesenta e cinco cregos e seminaristas rodeando na prisión de Carmona a José Centeno, Deputado do Partido Republicano Moderado, e a Julián Besteiro, Presidente das Cortes Españolas, que algúns afirman que naceu no Corgo, para min, xunto co libro, é un excelente ejercicio de memoria histórica, de abrir os ollos e ver, e ata de reconciliación cunha Igrexa plural que se deu naquel templo ejemplos individuais de ruindade, deu tamén ejemplos -aló e acó- de irmandade, de santidade.

Que Anxo Currás dedique esforzos sen límite, anos da súa vida, a ventilar espacios esquecidos como antes os dedicou á defensa dos máis humildes dos seus feligreses, é un exemplo perfecto de facer irmandade, de crear Igrexa, de abrir canles de diálogo e comprensión, de -sabendo o que pasou- conseguir que nunca volva pasar algo así.


"Consejos de guerra contra el clero vasco (1936-1944) - La Iglesia vasca vencida". Anxo Ferreiro Currás. Ed. Intxorta 1937 kultur elkartea. Oñati, 2013.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania