Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tropa de irresponsables

jueves, 19 de febrero de 2015
Desde o Preguntoiro: Tropa de irresponsables

Da moito noxo escoitar ao ministro de Finanzas alemán dicindo: “..o sinto polos gregos, elixiron un goberno que compórtase de maneira abondo irresponsable. ¿Irresponsabilidade?. Manda carallo na Habana con este “carcamal”. Agora calquera que teña un pouco de sentido común, pode ter a completa seguridade que esta camarilla de dirixentes da EU están poñendo a democracia en perigo.

Os gregos elixiron democraticamente a un Goberno, lle goste a Bruxelas ou non deixe de gostarlle. É o que o pobo quixo e meréceselle un respeto: cousa que non fixo o noso cretino Presidente do Goberno, negándose a saudar ao Primeiro Ministro grego, como tamén fixo o “carcamal” de Alemaña.

¿Irresponsabilidade?. Iso foi o que fixo o partido anterior no goberno grego, manipulou as contas do déficit entre 2004 e 2009, o mesmo partido que nas pasadas eleccións apoiou o goberno alemán.

Irresponsable foi a posición do Sr. Rajoy, un presidente español que tamén entrou en campaña a favor dese partido que mentiu ao pobo grego. Irresponsabilidade é que este sinistro goberno español por saquear miles de millóns, para darllo a eses bancos que usaron o meu diñeiro e o de moitos españois, diñeiro que non veremos máis. Irresponsabilidade é seguir mentindo como cosacos ao pobo do “despegue da economía”.

Non soamente nos queren roubar a democracia esa tropa de financeiros dementes da Troika, senón a dignidade. A catadura deste ente cheo de psicópatas carentes de empatía, están a servizo do capitalismo financeiro máis salvaxe que se recorde, reflectido en personaxes teimudos e desalmados como: Merkel, así como os seus acólitos e lamecus como o Sr. Rajoy e esa tropa de ministros incompetentes, mentireiros profesionais e cleptómanos compulsivos, sen esquecer a ese “capo” do B.C.E Mario Draghi. Queremos a Europa dos pobos, non a dos mercadores da banca convertidos en señores feudais.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES