Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A saúde como mercadoría

jueves, 19 de febrero de 2015
Antes de ocupar o poder no goberno central o Partido Popular xa viña realizando privatizacións nas CCAA onde gobernaba. Entregaron hospitais públicos a mans privadas (modelo PFI) e realizaron unha masiva externalización de servizos e áreas de actividade sanitaria. Desde que tomaron o poder no goberno central realizaron drásticos recortes. Aos poucos meses o goberno de Rajoy aprobou un recorte de 10.000 millóns en sanidade e educación (1), con ausencia de debate previo, no que se considerou, naquel momento, o maior recorte de servizos sociais da democracia.

A partida dos orzamentos destinada ao Ministerio de Sanidade leva varios anos descendendo. Estas drásticas medidas provocaron efectos moi nocivos (2) no funcionamento dos servizos públicos . Esa é a estratexia: degradar e desprestigiar os servizos públicos para favorecer negocios a expensas do diñeiro de todos. Explícao moi ben o profesor Navarro no libro A saúde como negocio. Trátase de agrandar o sector privado a costa de reducir o sector público: “Iso é o que están realizando masivamente en España, respondendo aos intereses do capital financeiro que, aliado co complexo sanitario industrial, está destruíndo a Sanidade pública; a evidencia existente é robusta e abafadora”. Vicenç Navarro cita o caso dos EEUU que ten un sistema de aseguramiento privado, enormemente custoso e ineficiente e sumamente impopular. “Ese é o resultado de poñer como motor do sistema sanitario o afán de lucro: entra directamente en conflito coas necesidades da cidadanía”.

Desde o propio poder político están realizando unha expropiación de dereitos consolidados, o que representa un grave retroceso histórico. Un ministro de finanzas portugués respondeulle secamente a un opositor que propugnaba alternativas ás súas políticas de austeridade: “¡Non hai diñeiro! Cal das tres palabras é a que non entende?”. Con esta arrogancia pretenden reducir a un tema económico o que en realidade é unha cuestión política e rexeitan calquera procura de alternativas ás políticas de austeridade. Vulneran tamén o principio de “prohibición do retroceso social” que debería obrigar ao poder político a adoptar as medidas necesarias para soster e garantir os dereitos sociais xa materializados. Así o recordaba o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, nun discurso recente.

Desde o propio poder político, ao amparo da crise, están impoñendo medidas (en sanidade, na educación, no mundo laboral, no exercicio das liberdades) que nos conducen a un tempo preconstitucional. A saúde deixa de ser un dereito e convértena nunha mercancia. Por si todo isto fose pouco, sabemos que a UE está negociando con EEUU, con todo secreto, un Tratado de libre comercio (3) (TTIP), que, de ser aprobado representaría un perigo serio para os servizos públicos xa que pretende favorecer novos mercados abrindo o sector dos servizos públicos ás empresas transnacionales, o que provocaría unha ola de privatizaciones en sectores como a sanidade e a educación. Trátase dos mercados apoderándose do mundo, os voitres que planean e pretenden quedarse con todo. E teñen cómplices na política, que lles facilitan a tarefa.


NOTAS:

1.  http://www.publico.es/espana/428837/rajoy-recortara-10-000-millones-extra-en-sanidad-y-educacion

2. http://www.huffingtonpost.es/2014/04/19/efectos-recortes-sanidad_n_4847458.html

3. http://www.nuevatribuna.es/opinion/pablo-vaamonde/tratado-libre-comercio-y-privatizacion-sanitaria/20140919074107107321.html
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES