Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Patriotas de chapa

miércoles, 18 de febrero de 2015
Denantes de nada conviña aclarar o significado de patria (país do pai) e xa que logo o de patriota. Patria, segundo o dicionario, ven de ser o lugar onde un naceu ou ó que un pertence por vínculos históricos. Se aceptamos esta definición estaremos de acordo en que nos estamos a referir a un territorio. E patriota viría a ser aquela persoa que ama Patriotas de chapaprofundamente á patria e traballa e se arrisca por ela. Así as cousas eu penso que o concepto de patria abrangue as dúas cousas, pero fundamentalmente á xente que vive no territorio. Non hai patria sen pobo. E patriotas hainos de diferente catadura: os verdadeiros e os de farándula ós que quero referirme hoxe, os patriotas de “boquilla”, de chapa na solapa, ós que se lle enche a boca de España pero que so pensan en si mesmos e ós que eu chamaría “eutriotas”.

Nestes tempos pre electorais temos que escoitar moitas cousas, a maioría vellos tópicos que serven de cebo para os pescadores de votos, e un deles é a referencia ó amor a España (á patria) no intento de convencer que uns a aman máis ca outros. Por iso temos que andar vivos e non deixar que nos enganen como fixeron sempre aqueles que se denominan patriotas para sacar partido ós seus propios intereses. E vendo o que se está vendo estes días, un non sabe se os partidos están mais preocupados na súa propia supervivencia que en tratar de solucionar os problemas da xente que vive na patria. As pelexas internas as descualificacións, as denuncias, etc... enchen páxinas nos medios de comunicación escrita e horas nos audiovisuais ofrecendo un espectáculo mas propio de “reality show” que dunha confrontación de ideas seria e responsable. Ós programas televisivos chamados de debate acoden sempre os mesmos tertulianos. Por unha banda uns periodistas de traia, descarados, e pola outra candidatos ou representantes de partidos que aspiran a obter representación nas eleccións. O sensato sería establecer debate entre opcións e non un combate “políticos do espectro progresista versus Francisco Marhuenda ou Eduardo Inda”, paradigma de faranduleiros mediáticos. Inda, o outro día, nun arranque de desaforado infantilismo, tentou regalarlle a Pablo Iglesias unha insignia coa bandeira española para que este amosara diante das cámaras o seu patriotismo.

Sen comentarios. Logo a publicación de parte da famosa lista Falciani puxo de releve a un numeroso grupo de “eutriotas” que tiñan nese banco suízo, HSBC, importantes cantidades de diñeiro a bo recado da fiscalía da patria. Dende banqueiros coma Botín, exmaxistrados como López Vilas, deportistas como Alonso, e así ata chegar case a tres mil... e a que che roldarei morena.

De momento están catalogados coma defraudadores. A quen defraudan?: o Fisco. E como consecuencia a quen máis?: a todos. E quen somos todos?: a patria. Polo tanto se é verdade que o movemento se demostra andando xa me contarán o que teñen estes compatriotas de patriotas. España, é dicir a patria, lles ía moi ben a eles porque un goberno moi duro cos débiles comportouse condescendente cos que teñen poder nas finanzas e así a débeda da patria a están a pagar a xente do común con axustes salariais e recortes de dereitos.

Poden volver a contar en campaña as mentiras que queiran, poden proclamar ós catro ventos que España é o máis importante, poden argumentar que ou eles ou a apocalipses, pero namentres a maioría da xente non perciba que os datos macroeconómicos non repercuten nela (na patria), poden dicir misa.

Si é verídico que esta é unha maneira de facer patria, non é menos certo que hai outra. De calquera maneira será a que os moradores patrios queiran e así haberá que aceptalo.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES