Mancomunidade
Editorial - lunes, 27 de marzo de 2006
Vigo e os seus concellos (os do seu contorno, intimamente vencellados á primeira cidade de Galicia) queren constituirse en Comunidade.
Son 14. E totalizan algo máis de 450.000 habitantes. Máis ca unha provincia. Gran comarca resultaría no camiño de comercializar este País, que se supón o camiño emprendido con decisión pola Xunta de Galicia.
A Mancomunidade -este é o seu proxecto de unión- ten un camiño andado na organización e planteamento de futuros. Pero á Xunta non lle vai tanta independencia, tanta autonomía. Como se o vieiro autonómico non camiñase hacia a maior autonomía dos concellos, a administración máis cercana a nós.
A Xunta chámalle ó que pode nacer en Vigo Área metropolitana. Parece que xa o goberno Fraga hai cinco anos nun proxecto de Área lle asignaba poderes ou competencias que colisionaban coas das deputacións provinciais.
Agora, a Xunta presenta novo proxecto, pero diante da preocupante recepción, opta por retiralo. Concello e forzas vivas de Vigo non están polo labor de que o control veña de Santiago.
Presidencia (da Xunta) pretende partir de cero. A Alcaldesa (de Vigo) entende que ese punto cero hai moito tempo que quedou atrás.
E o Vicepresidente QQuintana tercia sinalando que o que aconteza en Vigo será o primeiro asalto para borra-las deputacións provinciais do mapa de Galicia.
¡Acabáramos!. Ahí está o tema. A tendencia é a fortalecer Concellos, as grandes cidades cos seus contornos, as comarcas, e a Xunta. Sen intermediarios entre as demarcacións. Para a actual Xunta sobran as Deputacións.
Haberá que ver que pasa se nas próximas municipais (falta pouco máis dun ano) as forzas progresistas conquistan algunha Deputación máis. Se cadra, daquela, a cousa cambia.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora