Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estudio e lonxevidade

jueves, 19 de febrero de 2015
Desde pequena teño oído que o saber non ocupa lugar; pero que as persoas con estudios vivan máis anos, foi algo que me sorpendeu non hai moito tempo.
Eu descoñecía esa ventaxa do estudio.
Concretamente escoiteino en “RADIO CINCO, Todo Noticias” nun programa adicado ás persoas maiores.
Remitían a información a Senda Sénior e tomei nota.

Efectivamente: Senda Sénior é un punto de encontro entre maiores activos interesados en vivir unha madurez activa e que se interesa pola saúde, pola economía, polo ocio…

Pareceume interesante, entre outras razóns porque quen esto escribe tivo a sorte de vivir no ensino una longa vida laboral e aínda é hoxe o día que sigo activa e con moito entusiasmo no Mundo Sénior.

Non sei moi ben por que pero todos queremos vivir moito e –a ser posible- con boa calidade de vida.

Xustamente hoxe comentábame una anciá que o mellor de todo era conserva-lo sentido ata o derradeiro momento desta vida.
Eu tamén penso que conserva-la cabeza lúcida- é o mellor que nos pode pasar ó longo da nosa vida.
-¿Vostede pensa o mesmo, verdade?

Non sei por que me parece que nesto tamén coincidimos vostede e máis eu e moitas persoas máis.
Se o estudio é una boa ferramenta para conseguir unha lonxevidade digna, habería que inculcar esta idea como unha razón máis para afanarse no estudio desde a escola primaria.

Certo que a vida é un regalo que se nos dá a todos sen distinción de estudios, pero enténdese que as persoas con estudios vivan máis e mellor porque están capacitadas para adquirir máis coñecementos á hora de coidarse.

Coida-la saúde física, coida-la economía, coida-lo ocio, coida-la vida intelectual, coida-la espiritualidade…

Se ademais teñen a súa mente en exercicio constante, loxicamente están
abertas ás novidades que vai presentando a evolución da vida e poden benficiarse delas.

Algo así experimentamos as persoas maiores que seguimos no mundo do estudio mentres a saúde nolo permita.

Os beneficos que se reciben, merecen moito a pena, porque aprender na idade senil:
-Dá ganas de saber moitas cousas que antes non se puideron aprender.
-Mellora as relacións sociais entre persoas de diferentes idades, diferentes ideas e diferentes hábitos...
-Obriga a moverse e a saír da casa aínda que non se teñan moitas forzas.
-Rexuvenece a mente.
-É un bo exemplo para os descendentes, especialmente para os nenos.
-Mellora as relación interxeracionais.
-Produce felicidade.
-Dá ganas de vivir.
Todo son ventaxas.

Loxicamente non todos estamos en condicións de apreta-los cóbados diante dos libros na etapa Sénior, pero todos aprendemos de oíntes, nos debates, no intercambio de experiencias e viaxando.

Por eso quero titular o seguinte artigo:
“VENDO E APRENDENDO”

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión.
Seguro que vostede é unha desas persoas que alcanzará una lonxevidade moi respetable porque ama o saber.
¡Siga así por moitos, moitos anos..!

Afánese porque sempre queda moito para aprender: estannos agardando moitas sorpresas moi agradables.
GRACIÑAS.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES