Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (48)

miércoles, 18 de febrero de 2015
Mirando ao níspero, que foi medrando ao noso lado

Recordas moitas cousas, cando criaches os fillos. Na horta, diante da casa, naceu unha arboriña. Primeiro, pequena, como indefensa. Pero, tivo sorte; un sobriño plantouna ao lado da súa casa. Foi medrando. Está leda. Cando bota as flores, as abellas fanlle compaña, sacándolle o néctar para facer o mel.

Pasas polo seu lado, e ata perfuma o aire. Incrible tanto ben. No verán, dálle sombra aos coches. Está contento por poder axudar á xente. Se nos fixáranos nel, teriamos un bo exemplo. Logo, vén a primavera e ofrécenos eses froitos tan sabrosos. Mesmo no inverno as follas teñen un brillo especial; alegran a vista, perfuman o aire, fan que as abellas fabriquen ese manxar irrepetible.

Son moi maior. Cando paso ao lado del, ata lle falo. Vino nacer no noso patio. Tivo sorte de atopar quen o plantara nun lugar bonito, para que medrara rodeado de abellas e paxaros; tamén para o disfrute de todos os que pasan polo seu lado. Que bonito é ver árbores e querelas, pois dannos o cen por cen de saúde e alegría.

Os que tivemos a sorte de vivir nesta Galicia, podemos dicir que fomos uns privilexiados por nacer nesta terra tan fermosa. Un recordo agarimoso para a xente que plantou tantas árbores para a xente que hoxe estamos aquí.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES