Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Movemento de tropas

lunes, 16 de febrero de 2015
Con parte da ventá aberta, a señora Perpetua Socorro contempla a paisaxe e tan só alcanza a ver dous castiñeiros que se atopan a uns metros.

Perpetua Socorro ten melancolía nos ollos. Ou quizais tristeza. En cada folla que se move dos castiñeiros, ela ve movementos de tropas nas trincheiras. Aínda que nunca estivo nun fronte. Pero si os seus sete fillos que pariu por enriba dunha corte das vacas. Os sete quedaron enterrados por todos os puntos cardinais do país. Dende entón, non quere saber de guerras, nin de bandos; ela tan só ve movementos de tropas en cada obxecto que contempla. Imaxina nas pupilas dos seus ollos sete soldados riseiros que lle din adeus coas súas mans. E os mosquetóns colgados nos ombreiros.

Unha pequena bágoa asoma no seu ollo dereito. Perpetua Socorro ergue de xunto á ventá e pon unha cunca de caldo na mesa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania