Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Unha esperanza activa!

viernes, 24 de marzo de 2006
Ou sexa, esperanza responsable, comprometida coa realidade, baseada na confianza nas persoas e en unión e colaboración cos demais. Creo, co 80% dos cidadáns/ás de España que debe ser a actitude coherente de toda persoa de boa fe (sobre todo dos seguidores de Xesús) ante a boa nova de ETA, coas reservas e lagoas dun comezo do proceso.

O pasado domingo, apoiados na Palabra de Deus e coa referencia á chamada do Papa (“Paz e reconciliación”-“reconciliación para a paz”) faciamos a chamada á valentía de loitar por afianzar no mundo o xeito de Xesús coa nosa escoita, acollida, diálogo e os  valores que nos capacitan para vivir/compartir e acadar a plena e feliz convivencia.

A Palabra de Deus e a citada boa nova (outra oportunidade! ), veñen darnos azos para implicármonos todos/as neste difícil proceso de pór punto final ás armas, á extorsión e á violencia. Unha dura experiencia de case 40 anos. Etapas de 40 anos son significativas en Israel!. Coma daquela, seguen presentes os desertos, exilios e violencias. Deus segue a intervir nas nosas vidas mantendo a fe e a esperanza e regalándonos seguridades. O Deus de Israel, nesta nosa etapa da Salvación, segue connosco. Lembremos: “tanto amou Deus ao mundo que lle entregou ó seu Fillo, para que todo o que cre nel non se perda. Mandouno ao mundo non a condenalo senón a salvalo”. Xesús chama, acolle e salva ao ser humano.”Deus é de todos; non só da Igrexa. Non se deixa acaparar por ningunha relixión, non cabe en ningunha catedral, mezquita ou sinagoga” (A. Pagola).   

Estaría ben que fixeramos unha declaración de fe/esperanza no camiñar cara a Pascua: Vivir na confianza de que Deus nos ama e quere que teñamos vida abundante e feliz. Todos e todas. E que loitemos por devolver a paz e a alegría a este pobo. Velaí algúns testemuños de persoas, con autoridade, que animan: “Espero sexa a renuncia definitiva á violencia e que a Igrexa estea ao servizo dunha paz xusta e humana...os procesos largos teñen necesidade de catalizadores positivos...a Igrexa ten de estar aí” (J. Mª. Uriarte, bispo de S.Sebastián). ”Celebramos, sen fisuras, o alto ao fogo de ETA” (Dirixentes U.E.)”O Espírito de Deus está no espírito de diálogo. Sempre hai solución para todos os conflitos. Se se busca, atópase”(O crego redentorista Alec Reid, intermediario do Ira e agora tamén neste (veciño de Bilbao desde hai catro anos). “Paso importante no camiño cara a plena pacificación e reconciliación” (Bispos vascos).”A Igrexa non se debe botar atrás no novo proceso” (Aracil, arcebispo Badajoz).

Chegou a hora. Necesitámonos todos e todas. Sermos prudentes, calmos, pacientes... e tentar de vivir na fraternidade. Loitar e facer algo positivo a prol da paz é ter “esperanza activa”. Que ninguén se quede fóra ou auto exclúa neste difícil e longo proceso!   
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES