Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Hospital asilo de Vilalba (20)

jueves, 12 de febrero de 2015
Ano 1922

Vilalbés condecorado. O «Heraldo de Villaba» do 27 de marzo faise eco da concesión da Cruz de Beneficencia, outorgada polo Goberno da S.M., ó médico Domingo Goás Canto. A condecoración supón o recoñecemento ós seus múltiples desvelos durante o andazo de gripe dos anos 1918 e 1919.

Novo concelleiro. Tamén o «Heraldo» do mesmo día comunica de que o seu director, Antonio García Hermida, foi nomeado concelleiro. O novo edil manifesta aceptar o cargo con ansia de traballo en favor da colectividade.

Directiva da «Liga Santaballesa». Presídea Antonio Ma Souto, de Tardade, de quen xa demos noticias en páxinas anteriores.

Telégrafo e teléfono. Vaise ampliar a todo o día o servizo de telégrafo e concedeuse para a vila unha estación telefónica que logo vai entrar en funcionamento. As xestións realizadas polo alcalde dan resultado.

Fábrica de queixos. Segundo noticias recibidas, industriais de fóra da localidade están instalando nesta vila unha fábrica de queixos. Polo momento nada máis se sabe.

Voda.Celebrárona na igrexa parroquial o 11 de novembro a señorita Julia Rego Gayoso e Manuel Vérez Pico. Bendiciu a unión o párroco reverendo Ramos Cabado. Foron padriños Julia Gayoso, tía da desposada, e Daniel Vérez, irmán do noivo.

Adro de San Roque. Lavadoiro público. En novembro temos noticias de que xa case están rematadas estas dúas obras polas que tanto tempo leva clamado a xente de Vilalba. Eran moi necesarias tanto para ornato coma para hixiene da vila.

O Hospital asilo de Vilalba (20)
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES