Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Provincias

viernes, 24 de marzo de 2006
Agora que as provincias están en cuestión en diversos ámbitos, Vigo quere ser capital da quinta provincia de Galicia.

Certamente hai cidades no noso país que precisan tratamento especial pola súa importancia política e administrativa: Ferrol, Santiago e Vigo non poden ser consideradas cidades de segundo rango polo feito de que as súas provincias teñan máis dun eixo ó redor do que xira a vida provincial.

Vigo, agora, quere se-la quinta provincia de Galicia, denominación que na práctica veñen compartindo as cidades de Barcelona e Bos Aires polos numerosos galegos que nela residen.

Nos anos vinte, Ribadeo loitou por ser declarada capital de provincia do nordeste galego, tentando unha escisión da provincia de Lugo. Daquela, non puido ser.

Crear na actualidade unha provincia, cando se tende a potenciar a comarcalización, a robustecer o poder municipal e a mermar as institucións provinciais, parece un contrasentido, aínda que Vigo mereza trato especial, sexa como cabeza de mancomunidade, grande cidade ou capital dunha nova provincia.

Quen pretende tal creación é o comunmente denominado “Compañeiro Soto”, outrora destacado militante socialista e alcalde de Vigo, que na actualidade patronea o histórico Partido Galeguista, de máis lustre histórico que seguidores.

Soto afirma que Vigo merece xogar na primeira división. Tamén el, desde o Partido no que é converso, intenta xogar nesa especial categoría. Pero Vigo xa está xogando en primeira división, xa é a cidade máis poboada de Galicia, xa é a cidade e capital da comarca máis industrializada.

Para ser importante, Vigo non precisa ser capital de provincia. Vigo xa é importante. Ten que conseguir convencer á case trintena de concellos que a rodean de que se acheguen, se organicen, e formen unha Mancomunidade para disfrute de servicios, organización social, e mellora conxunta.

O da provincia é unha utopía, case un anacronismo. As provincias tiveron o seu tempo desde mediados do século XIX ata finais do XX. Agora é o tempo dos concellos, das comarcas e da autonomía.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania