Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para agradecer e aprender

jueves, 12 de febrero de 2015
Dun tempo a esta parte o que máis se observa na conducta ciudadana é que cadaquén vai ó seu.

Non son poucas as ocasións nas que se ve alguén en apuros na rúa, e a inmensa maioría dos humanos comportámonos como se nada pasara.

Claro que a veces ten a súa explicación porque tamén é ben certo que a picaresca na conciencia dalgunhas persoas tamén existe.
¡Cantos casos non se dan de simulacros con segundas intencións!

Pero o caso que me ocupa é un tanto insólito; para agradecer e aprender.
Estaba eu na cola dun hospital esperando que me tocara para ser atendida en admisión para facer unhas probas médicas.
Detrás de min entrou unha señora duns 65-70 anos e dirixiuse ó mostrador para formula-la súa petición.

A señora ignoraba que había que coller número nunha máquina situada ó pé da entrada.
A administrativa de turno, moi amablemente díxolle que debía coller número na máquina; indicándolle onde se atopaba a mesma.
Ata aquí todo normal.

Xusto detrás da señora entrou un cabaleiro duns corenta anos máis ou menos, estatura mediana, cara de moita satisfacción, campechano, con algún quilo de máis, vestido con roupa esport: pantalón vaqueiro e xersei.
Del tan só destacaba a cara de satisfacción e un sombreiro de copa cubrindo a súa cabeza.
Nada máis velo, pensei para os meus adentros:
“Este é un cura de aldea” “Un cura da montaña”
Ó mellor equivoqueime, pero eso foi o que pensei.

Este cabaleiro decatouse de que a señora que o precedera, non collera número cando el –que chegara despois- xa o tiña na man.
Moi amablemente volveu á máquina, sacou outro número para el e entregoulle á señora o número anterior que sacara para el uns segundos antes.
Outro calquera, iría ó seu sen decatarse do que lle pasara á señora.

Non puiden obsevar se a señora lle deu as grazas ou non, porque neste intre tocoume a miña vez e acerqueille os meus volantes de probas á administrativa, quen despois de observalas díxome que para unha das probas, tiña que pedir autorización, ben indo á miña compañía de seguros ou ben chamando por teléfono.
Optei por chamar por teléfono.

Dirixinme á sala contigua, tomei asento e empecei o proceso da chamada con toda normalidade, ignorando a presenza dalgunhas persoas máis que agardaban a súa vez. Entre elas, estaba o devandito cabaleiro moi discretamente.

Loxicamente eu non lle dei maior importancia ata que nun momento determinado me pediron que dixera un número que estaba debaixo dun código de barras.

Naquel intre eu non vía onde estaba o citado número e-aínda ben non llo preguntara á persoa que me atendía ó outro lado do teléfono- acercouse o citado cabaleiro e moi amablemente sinaloume o número.
Deille as grazas e seguín cumplimenando os datos que me pedían.
Cando eu rematei a chamada, o cabeleiro xa desaparecera.
-¿Por qué desaparecerá tan de súpeto? –pregunteime eu.

Porque –según me dixo a administrativa despois- viñera a buscar o resultado dunha proba e marchara.

Sorprendida pregunteille á administrativa quen sería aquel señor que chamara a miña atención por aqueles detalles que lle observei.
-“Ven por aquí moitas veces e fai así con todas cantas persoas necesitan algo”. “Todos deberíamos ser así”.
-“Certamente” –resposteille eu e ó mesmo tempo saquei a conclusión de que detrás daquela boa persoa había una boa familia que lle inculcou eses valores na infancia.

Nos mundos que estamos este tipo de conductas non é habitual, pero –polo que puiden comprobar- aínda quedan persoas que pensan nos demais.
¿Cómo sería o mundo se todos estiveramos pendientes do que necesitan os que están ó noso carón?

Todos sabemos que a lonxevidade é una realidade e tamén de que coa lonxevidade imos tendo cada día máis necesidade de axuda.
¿Iría ben ir practicando conductas como a do cabaleiro citado?
A min paréceme que non estaría de máis porque -entre outras razóns- sería máis levadeira a lonxevidade porque cada día son máis as persoas que se dedican ó estudio e según din os entendidos:
“As persoas que estudian, viven máis anos”

“ESTUDIO E LONXEVIDADE” será o título do vindeiro artigo o próximo xoves.

Moitas grazas por dedicar un bocadiño do seu prezado tempo e ler esta experiencia miña.
A min pareceume exemplar porque eu non me atopo con persoas así tódolos días. ¿Vostede, si?.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES