Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Francotiradores (dixitais)

de Guizán, Antón - miércoles, 11 de febrero de 2015
Veño observando desde hai varios anos que existen nos medios dixitais auténticos especialistas da sección de comentarios que en función dos seus intereses e opinións adícan o tempo a comentar artigos de opinión, Francotiradores (dixitais)maioritariamente de tipo político.

A súa argumentación cando están en desacordo co artigo de turno ou o seu autor, é a descalificación, a acusación sin fundamentar e o que é peor, estes opinadores actúan con pseudónimo, ocultando a súa identidade mentras "disparan".

Estes "valentes" acusan, recusan, mesmo minten, descalifican en aras dunha suposta pureza ideolóxica.

Son os que exercen unha política de ocultos intereses sectareos maioritariamente marxinais e nula valía democrática.

Aqueles que opinen con artigos en medios dixitais están expostos a estes francotiradores de computadora que actúan con impunidade e covardía. Eu só esixiría si de min dependera, que no exercicio libre a disentir e opinar, cando menos, tiveran a obriga de identificarse públicamente. Saberíamos así moitas cousas, a quen corresponden as palabras, intencionalidade e sobre todo, facerlle un favor a moita xente que semella estar ociosa para que invistan mellor o seu tempo libre.

Ademáis, recomendo a quen escribe opinión, sexa quen sexa, que o siga facendo, con argumentos e respeto. As guerras tamén poden ter máis limpeza.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES