Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (47)

miércoles, 11 de febrero de 2015
Domingo De Ramos

Era un día especial para os nenos. Uns días antes, meu pai cortaba unha póla á oliveira, pois creo que non había outra na parroquia, aínda hoxe está alí. Debe ter cento cincuenta anos ou máis. Teño moitos anos, e case era como agora. Viñan as nais buscar a oliva daquela póla que estaba cortada. As nenas sempre lle poñían algunha flor, como copos brancos que, nese tempo empezaban a saír.

Os nenos e homes levaban un ramo de loureiro moi feito. Poñíanlle oliva atada, así, polo medio.

Ese día ían todos á misa, crentes e non crentes. O cura botáballes a bendición diante da porta grande. Logo, a procesión. Os mozos presumían de ramo grande.

Á nosa parroquia, veu un cura novo. Non quería ramos grandes. Recordo a meu pai cun ramo polo cemiterio. O cura acercouse a el; pediulle o ramo, e rompeullo ao medio co xeonllo. Pois non tiña que ser moi grande cando llo puido romper. Doulle os dous pedazos. O velliño non dixo nada. Púxose coma todos á porta da igrexa para bendicilo. Un xesto que non estivo moi acertado. Pero, todos temos os nosos fallos.

Ese loureiro e maila oliva poñíase nas leiras para que foran boas as colleitas. Tamén, cando morría alguén, botábanlle a bendición co ramo e a auga bendita.

O Domingo de Ramos era xa como o comezo da primavera. A xente estaba leda, pois viña a Pascua. A natureza xa empezaba a brotar. Agora, todo vai cambiando. Será que teño moito vivido.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES