Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Ou todos ou ningún!

miércoles, 11 de febrero de 2015
Desde o Preguntoiro: ¡Ou todos ou ningún!


Dicía fai tempo Rodolfo Walsh (escritor, xornalista desaparecido pola ditadura arxentina) que, as clases dominantes sempre fixeron o posible para que os traballadores non teñamos historia, nin heroes e co tempo pérdase a conciencia colectiva. En Vilagarcía os traballadores de Lantero, fixeron historia e foron uns heroes nesa longa folga (118 días) que se mantivo ao grito de: ¡Ou todos ou ningún!, Demostraron coa súa loita que todo pode ser posible, recuperaron os valores, o orgullo e a dignidade de pertencer á clase obreira. Demostraron que coa unión e conciencia de clase, pódese construír e reforzar con tódalas ferramentas legais, esixindo o respecto e dereitos para organizarnos e opoñernos a tódalas agresións verbais, sociais e reformas laborais, paridas por esta tropa enquistada neste goberno de desalmados.

A propaganda por parte da empresa en contra dos traballadores, foi manipuladora para fomentar o esquirolaxe e a división dos traballadores incluído e medo, contratando a mercenarios con pistolas e cans onde asemellaba a tempos daquela “...longa noite de pedra... Noite que moitos queremos esquecer, e algúns quérennos á forza lembrar.

O Sr. Alcalde ao longo desta folga, non foi moi clara en defensa dos traballadores, nin subía nin baixaba da escala, máis sombras que luces, falando en contra da efectividade da folga como si a loita de clases xa non existira.

Este heroes coa súa loita e dignidade, coido que a moitos cidadáns abríuselle os ollos e a conciencia, dos abusos que día a día súfrese nos postos de traballo, a precariedade, o paro, as reformas laborais, a perda do poder adquisitivo, xunto a actitude despótica, prepotente da patronal.

Parabéns para estes traballadores de Lantero, pola lección que nos deron intentando acadar o dereito ao traballo digno. Grazas a todos por ensinarnos a non esquecer esa materia da universidade da vida como é a conciencia de clase.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES