Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Políticos

jueves, 23 de marzo de 2006
Onte, foi un día para que os nosos políticos, en xeral, se portasen como agardamos deles. E portáronse así.

O comunicado do grupo terrorista mais antigo e sanguinario do estado español de suspender as súas accións violentas, foi recibido como auga de maio por parte das forzas que interveñen no panorama político español.

O goberno nacional recibiu do principal partido da oposición o apoio decidido para que non haxa que pagar no inmediato futuro ningún precio que non corresponda para chegar a bo fin no difícil pero esperanzador tempo que comeza.

Se normalmente hai que recriminar ás forzas políticas o excesivo nivel de combatividade, de agresión, de lonxanía da normal e pacífica convivencia que existe na rúa, nas casas, nas empresas, na vida cotiá de todos nós, do mesmo xeito hai que subliñar a civilizada postura das forzas políticas diante dunha (aínda que sexa mínima) posibilidade de paz.

Coa paz, case todo é posible. Coa violencia, nada.

Non é que con este chamado “Alto o fogo” remate o gravísimo problema aberto no País Basco desde hai moito tempo. E os afectados pola súa acción teñen perfecto dereito a facerse oir, para expresar o seu excepticismo.

Galicia, aínda que non directamente afectada, non pode ser allea a este tema. Ninguén é alleo. Aféctanos.

Onte, os políticos portáronse como agardamos que o fagan. ¡Que sigan así!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES