Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os mozos do botellón

miércoles, 22 de marzo de 2006
Dicía fai anos o gran loitador polos dereitos da raza negra en EEUU e premio Nobel de la Paz Martin Luther King aquelas palabras tan fermosas: “Ayer tuve un Sueño”, e algúns deles co tempo se fixeron realidade.
Onte tiven un soño, España, 17 de marzo pola tarde, milleiros de xóvenes comezan a mobilizarse en unha morea de cidades, as tendas énchense de moitos deles, se están a preparar, aléntanse entre eles, non teñen medo, as mensaxes polos trebellos móbiles son revolucionarios...."ven, estaremos todos, no nos pararán, venceremos....".
Todo foi un soño trabucado, a realidade é de coña mariñeira. Mañanciña do 18, unha enorme borracheira barre o país de norte a sur.
Mentres os xóvenes franceses (centos de milleiros) neses mesmos intres se manifestan contra o emprego lixo, os españois convocan para facer o “macrobotellón” cos resultados seguintes: exemplo de Barcelona, graves danos no mobiliario urbano, comercios e edificios escarallados , os contenedores que se salvaron do lume foron guindados ás rúas públicas, estoupados os cristais da cabinas telefónicas, caixeiros automáticos esfolados etc..
Non estou en contra de que os mozos se divirtan, é lexítimo, pero sen eses actos vandálicos que non conducen a nada. Podemos argumentar que é necesario o ocio ante a calidade de vida destas novas xeneracións españolas, pero o certo é que o seu poder de mobilización por razóns sociais, económicas, políticas etc.. está completamente minguado. Ante tal apatía, os políticos, os donos do poder en xeral respiran tranquilos. Fíxense ata onde chega a desvergoña que algúns políticos chegaron a dicir do botellón ......”movimento cultural....”, ou ...” moda emergente...”. ¿Qué é o que pasa?. ¿Qué é o que está a fallar?
Pois está ben clariño. O sistema o conseguiu, acadou desideoloxizar aos mozos. Que importa que o mercado laboral dos mozos sexa preocupante. Que importa que a idade de emancipación dos xóvenes españois sexa retrasada por mor do prezo da vivenda, que remata nun lastre á capacidade de consumo final da economía española.
Onte comentábame un mozo de 23 anos que non estivo nese “movemento do botellón” de que, hoxendía tiñan uns medios excelentes de mobilizar masas.(Internet e trebellos móbiles) ........”Deberíamos utilizalo intelixentemente, para convocar manifestacións contra a clase política que nos ignora, esa clase política que nos crearon así desta maneira, que asumiron o poder na época posfranquista, ou sexa os que hoxe teñen máis de 48 anos. Manifestarse en contra do emprego precario, por unha vivenda digna, por unha educación gratuíta e de calidade. Teño envexa dos franceses nestes días xa que os mesmos problemas os temos nós, e xa ves para o que nos mobilizamos. Bendito país este, onde só a ideoloxía futbolística e o botellón acada mobilizando ás masas........”
Moitos de nós, os que temos máis de 50 anos, temos que lembrar de que cando loitar por un mundo mellor, era sinónimo de loitar polos dereitos do home. Pois non nos demos conta, pero o sistema, tan intelixente el, dividiu á sociedade, a partiu, construíron “lobbis”, nos deron moitos xoguetes á carta para entreternos e os mozos seguen esa corda. Chegou a decencia, que se vaian para o carallo os soños.
Alguén que non lembro escribiu un dito que dicía:...”La sociedade con el tiempo llega a perdonar a un asesino inclusive a un violador, pero lo que nunca llega a perdonar es a un soñador”.
Onte tiven un soño. Foi un soño trabucado, xa que aínda nos queda París.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES