Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O soldo dos deputados

miércoles, 22 de marzo de 2006
A xente non comprende o que gañan os deputados. Porque ninguén llo explicou.

Os galegos non entendemos que ós Deputados lles vaian subir o dez por cento nos seus emolumentos. Porque os galegos temos moi mal criterio en relación coa clase política.

Os galegos comprendemos que un deportista, un actor, un director de gran empresa, un médico con consulta privada, gañe millóns. Porque é o habitual, porque están considerados, porque están axeitadamente evaluados -ou superevaluados- pola sociedade. Os políticos, non.

E sen embargo, os políticos teñen nas súas mans o noso destino: as nosas facendas, a nosa educación, o noso xeito de vivir, as nosas vidas. Pero eso non se valora.
E non se valora, porque os nosos políticos non se dan a valer. E darse a valer non é presumir, senón portarse con cordura.

Para político non vale calquera. Ainda que pareza que sí. Nesto, moito teñen que cambiar as cousas neste país.

Non é malo que lles suban ós soldo ós nosos deputados. Deben cobrar de xeito acorde coas súas responsabilidades. E debe esixírselles dedicación exclusiva. Así só quedarán os verdadeiramente interesados no tema.

Non debe escollerse entre os máis ricos, que eso sería volver ó século XIX. Non debe escollerse exclusivamente entre os parados, para que se sitúen e solucionarlles a vida.

¿A quen escoller, logo?

Cando solucionemos o tema, os galegos comprenderemos, aceptaremos e respectaremos ós políticos e á política.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES