Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sector da automoción podería ser motor da identidade

jueves, 05 de febrero de 2015
Segundo os datos estatísticos o sector da automoción en Galicia é un dos que máis postos de traballo ten creado. Estiman as cífras oficiais que poderían ser ao pé de trinta e tres mil traballadores e traballadoras, dos que seis mil e pico pertencen ao grupo PSA Peugeot-Citroên. Unha nómina considerable que á súa condición de traballadores/as une, indisociablemente, a de seren cidadáns aos que a Constitución e seu ordenamento xurídico lles recoñece dereitos. Dentro deles enmárcanse os lingüísticos. Pero, paradoxalmente, na súa condicións de traballadores limítanselles ou impídeselles eses dereitos.

O empresariado galego segue a manter coa súa actitude unha Galicia dual, ignorando o contexto cultural no que están asentados, minorizando unha lingua coa súa marxinación ao tempo que fracturan as raíces da identidade colectiva.

Os reitores das tres universidades galegas veñen de enviarlles ás cen empresas máis importante de Galicia, entre elas as da automoción, unha carta convidándoas a superaren esa práctica e incorporar a lingua galega a algunhas das súas actividades dando paso a unha nova cultura empresarial en harmonía co País: “Animámolo a que cambie os hábitos lingüísticos da empresa que dirixe: Sabemos que un cambio como o que lle propoñemos suporá un esforzo e, xa que logo, abrir un proceso que terá que ser gradual, para superar inercias e ir creando unha nova mentalidade. Mais estas pequenas dificultades son superables, como así o demostraron outras empresas que foron incorporando o noso idioma en diferentes actividades. A lingua galega é un factor de cohesión social que debe ser aproveitado polos empresarios”.

As experiencias de empresas que incorporaron a lingua galega a algunhas das súas actividades ten redundado favorablemente na autoestima dos traballadores e clientes, ofrecendo co paso do tempo un balance positivo. Os seus exemplos deberían terse en conta no sector da automoción e nomeadamente na fábrica de Balaídos. O argumentario dos tres reitores é irrefutable, e as medidas que propoñen para incorporar a lingua galega á publicidade, relacións cos traballadores, consumidores e administracións públicas non ofrecen dificultades que non sexan superables.

Da redacción dos códigos éticos e boas prácticas que moitas destas empresas teñen establecidas como normas de obrigado cumprimento, queda clara a non discriminación por razón de idade, sexo, estado civil, raza, relixión, opinión, afiliación sindical “ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”, nas que vemos implícita a lingüística.

É tempo de mudas. Iso é o que pensan os reitores das tres universidades galegas, institución académicas que son baluartes da ciencia e galeguidade.

(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador).
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania