A paz
Castro González, Francisco - jueves, 05 de febrero de 2015
A paz consiste na armonía entre diferentes grupos sociais, persoas, relixións
Algo moi difícil de conseguir xa que as diferenzas fan que sexa case imposible.
Todos os conflitos orixinan guerras que acaban con todo, pero que favorecen a unha minoría.
O deporte é perigoso no sentido de que a tensión que se sufre durante un partido de fútbol, baloncesto
libérase en forma de insultos, loitas e moitas outras actividades deste tipo.
Nos colexios cando estás xogando ao fútbol ou a outro deporte e o estás intentando e non paras de perder, comezas a perder un pouco a noción da educación e comezas a insultar aos teus compañeiros sen que eles teñan a culpa ou ao mellor si.
Tamén hai chavales que se toman moi en serio o que están facendo que se enfrontan mediante piques, e é aquí cando o profesor intervén e castiga aos dous mandándoos para a aula de convivencia ou poñéndolles unha falta de orde.
Eu penso que a paz é case imposible de conseguir porque, en calquer momento da nosa vida actuamos dunha maneira violenta, provocada polas hormonas ou outras causas.

Castro González, Francisco
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora