Cando hai cinco anos deixei a militancia política advertín da deriva que o nacionalismo collía hacia o residualismo por tomar xusto o camiño contrario despois da perda do goberno galego por un deputado, algo que se manifestou na ruptura e división pouco tempo despois. Daquela, polo

feito de facer públicas as miñas críticas fun casi un sacrílego.
O certo é que por desgracia, todo foi a peor, uns perdendo apoios, outros sin acadar resultados minimamente significativos e outros abrindo portas ao españolismo de esquerdas até daquela resudual en Galiza si excluimos ao PSOE.
A reaparición pública de Anxo Quintana con unha proposta non partidista, de ascrición individual, aberta ao conxunto da sociedade e inspirada na Revolta Cívica de NUNCA MÁIS, e anclada en referentes históricos do país, como as Irmandades da Fala, abre, cando menos, unha liña de esperanza de cara a un futuro incerto e preocupante para o país, mesmo a súa desaparición como tal.
A recuperación desa irmandade de galeguistas e nacionalistas galegos que poñen o país por diante de intereses de parte, de control partidario e no que os instrumentos son máis importantes que o fin, xenera alomenos unha posible alternativa a mareas e propostas asamblearias importadas de España e con dubidoso calado ideolóxico e moito menos de defensa de Galiza.
O tempo dirá como evoluciona este movemento, pero botábase, botabamos en falta alternativas cidadáns desde aquí.
Os cataláns demostraron coa súa ACN a conexión coa sociedade catalá con mobilizacións de masas e influindo en tomas de decisión desde a sociedade civil en clave de país. Aquí, polo menos, estamos na obriga de intentalo.
SOMOS NÓS nace coa intención de canalizar as demandas dos galegos e galegas desde a nosa propia realidade, convertirse noutro instrumento útil e da maioría social, integrador e fondamente galego, por encima de todo, galego e alleado de calquer sectarismo.
Os cambios prodúcense con maiorías e os galegos de país aspiramos a selo algún día para mellorar a calidade de vida dos galegos, para exercer o noso dereito a expresarnos na.lingua.propia e poñer en valor no mundo as nosas.potencialidades económicas e o noso patrimonio artístico, arqueolóxico, cultural... E negociar con calquera o que nos interese en igualdade.
Como cantaba Suso Baamonde, "Galiza SOMOS NÓS, a xente e máis a fala, e si buscas a Galiza en ti tes que atopala" porque Galiza SOMOS NÓS, eres ti.