Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambiar ou mellorar?

miércoles, 04 de febrero de 2015
Cambiar ou mellorar? Velaí a cuestión que se me suscita dende hai ben tempo e que nesta tempada na que tanto volve ser pronunciado o primeiro dos dous verbos porque encaramos unha caída libre cara non sei cantas eleccións, que, sinceramente, descoñezo cara onde nos levará.

Cando Felipe González lle inoculou unha máis que necesaria dose de normalidade a aquela iniciática democracia de comezos dos anos 80 coa que lle demostrou á sociedade española que ó outro lado das barricadas non tiña por qué haber só caos e precipicios, senón, simplemente, outro xeito de mirar as cousas e de analizar os problemas que pode ter un país, fíxoo con aquel histórico lema electoral do "cambio". "Polo cambio", foi a mensaxe que callou entre unha sociedade que fervía por ver a outras xentes ó mando da n ave na que moramos todos, os de aquí, os de acolá e os de máis alá.

Tomando como mantra aquela exhortación e como desculpa para decidir o sentido do voto maioritario aquela perentoria necesidade de "probar" a capacidade doutras xentes para ollaren o futuro dende outras perspectivas, a nada que tivo a primeira ocasión o pobo español, da mañá para a noite concedeulle a un mozo andaluz e ós seus colegas de bucólico "pic nic" nada máis e nada menos ca 202 deputados que lle permitiron -tal como prometeran- executar unha política de cambio por mor da cal foron transformadas moitas cousas naquel emerxente país. Unhas para ben e outras o tempo demostraría que non para tan ben, como por outra parte adoita ser normal, xa que logo, nin sequera o Papa goza xa do principio de infalibilidade na súa xestión.

Logo, despois do propio Felipe González, foron moitos os que dende posicións previas de non goberno utilizaron ese substantivo para tratar de convencer ó electorado que era tempo de sacar ós que estaban nos gobernos para colocalos a eles. O último, o propio Mariano Rajoy no 2011.

E tal é así que agora o concepto segue apegado ó ceo da boca de todos os que non están pero queren estar, xa sexan de dereitas, de esquerdas, nacionalistas, rexionalistas ou incluso transversais, prometendo estes últimos que o cambio que eles promovan será completamente radical, non en van comezará polos propios piares dese denominado estado de benestar que a medida que nos fomos concedendo foi creando, seica, unha costra á que eles lle chaman casta e a que, a medida que evolucionan como proposta política, paradoxalmente se van parecendo máis.

"Imos cambiar isto e aquilo...", din uns e outros, con distinto grao de convencemento e diverso nivel de intensidade co ánimo de nos convencer ós demais. O que ninguén se atreve a prometer é: "Imos mellorar isto ou aquilo outro...". E eu pregunto: Por que será?
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES