Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un país pintado de 'hilillos' de Chapapote

miércoles, 04 de febrero de 2015
Desde o Preguntoiro:
Un país pintado de “hilillos” de Chapapote


Ante a manifestación convocada por Podemos en Madrid, o Sr. Rajoy comentou: “....que haya unos tristes que andan por haí hablando de lo mal que van las cosas y quieren pintar una España negra.....”. Que falen estes de tristes e tristura, ten mangoneo de moito carallo. Eles que nos deixaron a tristura de ollar as nóminas fundidas ao branco e negro, que están levando as nosas vidas á precariedade, ao paro, á pobreza enerxética. Eles que provocan a tristura de ir a un hospital e no saber cando seremos atendidos. Eles que secuestraron a democracia, as súas palabras o constatan non respectando a todo esa xente que ía na manifestación e aos que non estiveron pero estaban coa súa mente.

O pobo non pinta unha España negra. De negro a están pintado estes do PP, e faime lembrar aquel Bienio Negro cando gobernaba a dereita na República. Ata lle vou dar a razón, fai falla ser moi retorcido para pintar de negro algo que xa é negro.

O Sr. Rajoy e os seus xurafaces e bardallas, lonxe de defender os dereitos dos cidadáns, está a sumarse a esa festa de casino neoliberal privatizando todo o público para eses amigos cobizosos, recortando dereitos e liberdades, creando unhas desigualdades abismais. Están usando esa arma de que ven o “coco”, o medo. Esa vella arma que moi bos resultados deron noutros tempos. Pero non, esta sociedade de agora madurou e xa non enganan a ninguén.

Son a dereita máis reaccionaria e casposa de Europa, son a esencia desa España negra, triste, decimonómica e reprimida. Ese concepto de moderación do que falan, no é máis que a expresión do seu carácter autoritario e involucionista e de pensamento, daquela España imperial, unitaria e uniformista.

Como dixo o grego Platón, o prezo de desentenderse da política é ser gobernado polos peores. Agardo que aprendéramos a lección deste grande filósofo nacido en Atenas no ano 428 a.C.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES