A raíz está na familia
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 05 de febrero de 2015
-¿De quen vés sendo?
Cando unha persoa empeza a súa andaina polo mundo ten que abrirse camiño.
¿Que armas utiliza para abrise camiño?
Evidentemente utiliza a súa manera de proceder, a súa manera de comportarse, a súa maneira de saber estar e -como non- os coñecementos culturais e académicos que teña.
¿Cales son as razóns fundamentais polas que unhas persoas trunfan máis que outras no camiño da vida?
Xeralmente- aínda que poden darse excepcións- trunfan con moita máis facilidade aquelas persoas que tiveron a sorte de criarse nunha familia con bos principios.
-Se te educaron como unha persoa responsable dos teus actos, xa tes moito camiño andado.
-Se es un ou unha estudiante e cumpres responsablemente cos teus deberes estudiantís, xa tes o aprobado á volta da esquina.
-Se te educaron como unha persoa cumpridora do teu horario laboral e da misión que tés encomendada, xa es unha persoa respetada e querida no teu traballo.
-Se sabes respetar e tratar co respeto e coa cortesía debida ás persoas que encontras polo camiño, xa tes outro punto gañado.
-Se traballas con honradez, pódese confiar na túa persoa e na túa profesionalidade.
-Se es sociable e amable no trato, gañas con facildade a confianza das persoas que te rodean.
-Se es unha persoa servicial disposta a axudar ós que te rodean, enseguida gañas a confianza de todos.
Poderíamos seguir enumerando todas aquelas cualidades que adornan ás mellores persoas.
Agora permítame que lle faga unhas preguntas:
-¿Cal é o lugar idóneo para educar ás persoas na responsabilidade, no cumprimento do deber, no respeto, na cortesía, na horadez, na sociabilidade, na amabildade e na servicialidade?
Tanto vostede como eu podemos concluir que calquera lugar e bo para aprender e que toda a vida se aprende.
¿Certo?
A min paréceme que si porque xa din alí que:está a vella morrendo e está apredendo
Fai moito tempo algún libro ilustraba esto cun debuxo no que estaba unha persoa cun pé na tumba e ó seu carón, un letreiro dicía:
E AÍNDA APRENDE
Claro que si, estamos aprendendo toda a vida, pero:
¿Onde e cando configuramos os piares básicos da nosa personalidade?
Aquí, supoño que vostede tamén coincide comigo, porque eso é o que din os libros:
¡NA INFANCIA!
¿E onde empeza a súa andaina a infancia?
NO SEO DUNHA FAMILIA.
A familia, ademais de darnos o código xenético, dános as bases fundamentais da nosa personalidade:
Constrúe o fundamento do noso ser tal como vai ser para toda a vida.
Sobre eses piares, imos superpoñendo outros valores que imos adquirindo ó logo da vida. Pero en calquera caso sempre será: MÁIS DO MESMO
Certo que a educación ten moito peso na nosa vida, pero os que máis peso teñen son: a xenética e o código de valores da familia.
Desde estas liñas, atrévome a convidalo a vostede para que dedique un tempo a valorar todos aqueles valores que vostede posúeque son moitísimos- e que aproveite para comprobar como case todo tivo a súa orixe na súa familia; poque estou plenamente convencida que tivo vostede unha familia estupenda.
A min tamén me parece outro tanto da miña.
Para cada un, a súa familia é a mellor.
A verdade é que tampouco temos máis que unha familia que nin siquiera eliximos.
A min paréceme que non hai ningunha familia mala porque a forza do sangue tapa tódolos defectos habidos e por haber.
Nun capítulo a parte, están os erros humanos e a ignoracia por outro lado.
Tamén me parece que as persoas estamos unidas por lazos de sangue pero tamén por lazos de afinidade cando a química funciona.
Por eso quero dedicar o seguinte artigo:
PARA AGRADECER E APRENDER
Graciñas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora