Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (46)

miércoles, 04 de febrero de 2015
Recordos de Pepe de Toledo


Pepe é o pai dunha rapaza que viviu ao lado da nosa casa aquí, en Ferrol. Charo, como se chamaba, estaba casada con Edelmiro. El traballaba na Telefónica. Tiñan unha nena, Laura. Así nos fixemos amigos.

Pepe sempre contaba as súas vivencias, as que a min me gusta recordar, pois a vida, no tempo da guerra e nos anos despois, pasábase moi mal. Contaba que, na praza do pobo, había un baixo. Á noite, os xornaleiros acercábanse alí. Viñan os patróns das terras e elixían este ou aquel. Outros quedaban sen xornal. O dono ía polo campo; levaba un bastón e íao cravando na terra para ver quen cavaba máis fondo. Ese volvería para o outro día.

A Pepe morréralle seu pai. Traballaba para que súa nai e seus irmáns non pasaran fame. Cando morreu a nai, algúns deses irmáns déronlle a parte da casa que lles correspondía en agradecemento. Traballaba de albanel. Un día que terminaran de facer un forno, os donos estreárono.

Coceron un bolo para o can. Cando saíu do forno, tiráronllo; pero, o can estaba preso; non puido collelo. Pepe, mirando a ver se non o collía. Á noite, meteu o bolo nun saco de papel do cemento, e foise máis contento que un cuco. Os ricos pouco se acordan dos que pasan necesidade.

Pepe non tiña terras para traballar. Cando a guerra, viu que no medio do río había uns trozos de terra, como unhas illas pequenas. Alí foi plantar fabas, tomates, o que podía. Cando os amigos viron o que recollía, foron eles plantar tamén, pois o río pasaba ao lado do pobo. Así que Pepe ensinoulles a traballar.

Pepe era de Escalona e casou con Nieves nun pobo que se chama Pelahustán. Fixeron a súa casa, amasando eles os ladrillos. Traballaron moito. Tiveron catro fillos. Nieves foise para unha residencia. Pepe está entre Pelahustán e Madrid, ao lado dos fillos. Toda a vida loitando. Agora, os achaques e a idade están aí; non perdoan.

Estas letras son unha recoñecida gratitude a Pepe, a quen tivemos a sorte de coñecer, que somos como da familia.

Un abrazo a Pepe e á súa familia, desta familia que os quere e recorda moito.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES