Días pasados, celebrou o DÍA DA PAZ o Alumnado da UNED Sénior de Xestoso, presidido polo noso Coordinador D. Luis Ángel Rodríguez Patiño, en PADERNE (A Coruña).
O acto resultou moi alegre e festivo pola harmonía que alí había entre tódolos asistentes e tamén pola aportación feita pola aula de Música dirixida polo noso Profesor D. Francisco Javier García Canto.

Pero
¿Por que o título deste comentario: COSTA ARRIBA?
Pois porque houbo varias persoas que fixeron cadansúa un comentario sobre a paz e resulta que se obervaba que VIVIR EN PAZ, TER PAZ, FAISE MOI COSTA ARRIBA.
Sendo a paz un ben tan necesario e de tantísimo valor:
¿Por qué se nos fai costa arriba conseguila?
-Uns din que se os que mandan non sabe gobernar como se debía.
-Outros que se non hai xustiza.
-Outros achácano á escazez de recursos económicos suficientes.
-Outros á crise económica na que estamos máis ou menos todos inmersos.
-Outros
¡Eu que sei!
-Eu penso que a paz nace, medra e reprodúcese no corazón humano.
Son moi poucas pas persoas que se paran a pensar que é o que pode aportar cada unha para que a paz florezca entre nós.
O certo é que se respira una ambiente un tanto enrarecido con relación á paz.
E
¡Celebramos máis días da paz que nunca!
¿Qué pasa entonces?
A min paréceme que o que nos pasa é que se nos fai moi costa arriba loitar pola paz e, unha de dúas:
-Ou recuperamos a paz.
-Ou imos camiño de perdela.
No acto celebrado na UNED Sénior de Xestoso, houbo varios ponentes alcólicos ou ex-alcólcios que encontraban no alcool unha das causas perturbadoras da paz nos fogares.

A min chocáronme moito as testemuñas daquelas persoas que -recoñecendo que son víctimas desa droga barata e legalmente permitida que tantos danos produce- non sexan capaces de plantarlle valor e defender a súa propia vida. Debe resultarles moi costa arriba.
Ante esta situación, una boa solución pode se-la educación en valores.
O primeiro valor a conseguir debe ser conserva-la vida en boas condicións, amándose a un mesmo máis que a ninguén.
Porque
-¿Se non nos amamos a nós mesmos, poderemos amar ós outros?
-¿Se non estamos en paz con nós mesmos, podemos estar en paz cos outros?
Non sei por que me parece que teremos que empezar a pensar moi seriamente a defende-la vida ante todo: a vida propia e a vida dos outros.
Empezando pola vida desde o seu nacemento no ventre materno, porque aí está a raíz de tódolos males:
-Empezanmos desprezando a vida dos máis desvalidos e seguimos infravalorando a vida humana en tódolos ámbitos.
-Empezamos xogando con lume e acabamos incendiándonos.
-Empezamos poñendo o noso corazón e a nosa mente ó servizo da vida fácil e pracenteira e rematamos sendo víctimas dos nosos propios actos.
É moi doado botarlle a culpa ós outros, pero con eso o únco que facemos é enganarnos a nós mesmos, decansando nun colchón que non ten nada de saudable.
Coido que a uns máis e a outros menos, pero seguro que o acto celebrado na UNED Sénior de Xestoso, aportará alguna reflexión a alguén e pouco a pouco iremos subindo esa escaleria tan alta, no cume da cal atoparemos a paz.
Mentres tanto, toca subir COSTA ARRIBA pero con tesón e valentía conseguiremos deixar ós que veñan un mundo máis pacífico. ¡Oxalá poidamos velo axiña!
(Mercedes Cachazo Platas é Alumna da UNED Sénior de Xestoso. Aula de Paderne, A Coruña.)