Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (45)

miércoles, 28 de enero de 2015
Recordos da nenez


Din que o que pega esquece e o que recibe recorda sempre. O contrario ocorre cando te tratan ben. Iso non se esquece, e máis se es pequena. Nunha escola de aldea dos anos corenta, había nenos e nenas. Apenas había roupa.

Andabamos en zocas; os camiños cheos de lama. Logo, no recreo todos iamos beber auga á casa da tía Valentina, que tan boa era. Xamais nos poñía mala cara, aínda que foramos un bo fato de nenos, aproximadamente uns sesenta. Ela, con todo cariño, pasábanos á cociña. Tiña un sella e bebiamos pola ferrada. Tamén nos mandaba quentar no lume, pois, nesas datas, non andabamos moi abrigados.

A tía Valentina tiña unha horta con mazás de tarde e sempre nos daba. De todo isto, hai sesenta e catro anos e aquela nena, que hoxe ten setenta e catro anos, cando vai ao cemiterio, sempre ten un recordo para ela, para a tía Valentina. Que ía dicir, que despois de tantos anos, aínda lle estou agradecida. A morte non borra as boas accións.

Cando eu era nena, había dúas mulleres maiores e sempre me contaban que, de pequenas, lles morrera a súa nai.

Quedaron catro neniñas orfas. O pai volveu casar e a madrasta traía a súa nai, Ánxela, con ela, unha muller de noventa e un anos da que sempre falaron moi ben.

Ánxela, da que dicían que era ánxela de verdade, quixo moito a aquelas catro nenas. Elas tamén a quixeron. Foron as que me dixeron que Ánxela estaba enterrada diante da porta grande da igrexa de Adragonte.

Gracias a esta xente, que nos deixa este legado tan fermoso. Se todos foramos así, isto sería un paraíso.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES