Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O botellón de sempre

lunes, 20 de marzo de 2006
Desde que a noite é noite; desde que os rapaces deron en sair de noite para voltar de día, o botellón estivo sempre presente.

O botellón era a solución comunitaria para os altísimos precios dos bares de copas. E para un grupo, mercar tres botellóns de Coca-cola e unha botella de xenebra ou ron, eran unha perfecta solución especialmente económica para pasa-lo tempo e inicia-lo tránsito da noite ó día. Entendendo como normal o consumo moderado de alcohol.

Pero as cousas complicáronse. A situación da mocidade tamén se complicou pola devaluación das relacións familiares, as paupérrimas expectativas económicas e laborais, e -en fin- pola rebeldía sen causa, inherente á mocidade desde o comezo dos tempos.

Parécenos que os rapaces teñen as cousas mellor que os que os antecederon; que nunca houbo tan boa situación económica e social; que os rapaces non teñen motivos para a protesta e menos aínda para a violencia.

Eso é o malo: Alfonso Sastre, nos primeiros anos da nacente democracia, dixo en Galicia aquelo de que “Contra Franco loitábase mellor. Morto Franco, non había un enemigo común contra quen loitar”. Por eso os rapaces loitan contra a sociedade, mal organizada, mal feita, que ven se-lo enemigo común.

As convocatorias para os macrobotellóns preocupan ás autoridades, ós pais dos rapaces, e a toda a sociedade. E eso que a maioría deles remata con ben.

Os seis feridos graves entre os oitenta rapaces que armaron unha trifulca en Sada, son unha excepción en Galicia. Como o son os 69 feridos na desfeita de Barcelona na que non chegaron a xuntarse 1.000 participantes.

Os rapaces aseguran que o culpable non é o botellón, que este é un xeito pacífico de se divertir, sen excesos, barato, e consolidado a través do tempo.

Co que resultaría que o resto non é máis ca un problema de orde público que as autoridades deben solventar. Con xeito, sí; con imaxinación; pero con firmeza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania